Vitoria crucial do Nacional e gran resultado do Benxamín

2 de Maio de 2017
Foto do Alevín no Torneo de Oroso.
Foto do Alevín no Torneo de Oroso.

Santiago de Compostela, a 2 de Maio de 2017

As categorías inferiores da SD Compostela viviron unha fin de semana na que destaca sobre maneira o triunfo do xuvenil de Nacional ante un dos candidatos ao ascenso, así como a vitoria do Alevín B na última xornada de Liga ou o empate do Benxamín no playoff ante o segundo clasificado, o Conxo.

En primeiro lugar, o xuvenil de Nacional sumou tres puntos vitais para afastar o descenso a falta tan só de catro xornadas. A pesar de que era o Vitoria, un serio candidato ao ascenso, o que visitou Cancelas, os mozos de Bellido mostraron a súa mellor cara para levar a vitoria remontando o tanto inicial dos visitantes. No 76, Samuel Marque empatou a contenda e xa no desconto, os branquiazuis marcaban o segundo mercé a un tanto de Adrián en propia porta.

Estes puntos son se cabe máis importantes pensando que este sábado ás 12h visitarán Abegondo para enfrontarse ao Deportivo B, segundo clasificado.

Estas boas noticias nos xuvenís non foron referendadas polo B, xa que perdeu por un contundente 4-0 ante a UD Bastavales, complicando a súa situación clasificatoria. Os branquiazuis rozan o descenso e xogarán contra o Dubra, terceiro, o sábado a las 17h en Cancelas.

Outro que perdeu foi o Cadete, aínda que estes xa non se xogan nada, coa salvación máis que certificada. A derrota chegou en casa ante o Milladoiro por 0-1. O seu próximo encontro será contra o Boiro, equipo que está inmediatamente por baixo súa na táboa, o domingo ás 12h no campo de Vista Alegre.

Tamén contra o Milladoiro xogará o partido desta xornada o Infantil A. Será mañá ás 19h en Cancelas. E para a fin de semana, encontro contra o Bastavales para pechar a liga antes do playoff. Xogarase o sábado ás 12h no Municipal de Brión.

En canto ao Infantil B, pechou a súa participación na Copa de Santiago coa súa terceira derrota consecutiva. Esta vez o seu verdugo foi o Racing San Lorenzo (1-3), sendo Rubén Sande o autor do tanto da honra.

Por outra banda, o Alevín A tivo sesión dobre esta ponte. No seu playoff polo título, perdeu 1-2 co Ulla Pontecesures, a pesar de poñerse por diante no minuto 3 cun tanto en propia meta. E onte luns, terminou oitavo o Torneo Internacional de Oroso, no que superou os grupos de segundo e perdeu en penaltis contra o Lugo en cuartos. Na fase de consolación perdeu por 2-1 ante Valladolid e Benfica.

Precisamente contra o Oroso retomará o playoff este sábado ás 11h, nun choque que se xogará no Lino Balado (Sigüeiro).

Mentres, o B pechou a liga goleando ao Vista Alegre (6-1). Un dobrete de Lucas Novo, dous goles en propia porta e os tantos de Etien Pignol e Abril Pazos certificaron un triunfo que os deixou sétimos na clasificación final.

Por último, o Benxamín empatou a un gol ante o CD Conxo no seu playoff de descenso. Os branquiazuis sacaron así un meritorio punto ante o segundo, que lles permite manter unha distancia de dous sobre a queima. O tanto dos santiagueses foi obra de Giovanny Galo.

Os nenos do Compos tentarán mellorar este empate ante a Escola Deportiva Santiago, este sábado ás 15:30 en Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.