Lucas e Ube, primeiras pezas do proxecto

30 de Maio de 2017
Lucas, no partido contra o Villalonga. Foto: Amadeo Rey.
Lucas, no partido contra o Villalonga. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 30 de Maio de 2017.

Lucas Díaz Parcero e Álex Ubeira Millán “Ube” son as dúas primeiras confirmacións da SD Compostela para a tempada 2017/18. O porteiro e o mediocentro cumprirán, deste xeito, o seu segundo ano co primeiro plantel branquiazul. Ambos foron pezas moi importantes durante todo o campionato e, por iso, o club está moi contento de que poidan continuar.

No caso de Lucas, este xa tiña contrato ata xuño do ano que vén, o cal se segue mantendo. O de Bembibre foi o meta titular durante a maior parte do curso, logrando incluso o premio ao xogador da tempada, galardón outorgado pola afección.

En total, o meta, no seu primeiro ano íntegro no primeiro plantel, disputou un total de 31 partidos como titular, nos que encaixou 38 tantos, con seis encontros nos que non lle meteron ningún gol. Ademais, parou un penalti ante o Cerceda, atallada que permitiu que o conxunto conseguise a vitoria nese encontro.

Pola súa banda, Ube, mediocentro que chegou procedente do Celta Xuvenil, firma ata o 30 de xuño de 2019. O vigués xogou, este ano, un total de 18 encontros en Liga, todos eles, menos un, de titular. A pesar de que comezou o curso con moi pouco protagonismo, gañouse un posto no once na segunda parte do campionato, a partir da súa titularidade ante o Choco, na xornada 16. A partir deste partido, o xuvenil xogou a maioría de encontros no dobre pivote acompañado por Mon, e mesmo logrou anotar un gol ante o Silva.

Deste xeito, a SD Compostela senta, con estes dous xogadores, as primeiras pedras para un proxecto continuísta que ten o playoff de ascenso como obxectivo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.