Samu e Lorenzo renovan por un ano

8 de Xuño de 2017
Lorenzo no partido contra o Cerceda. Foto: Amadeo Rey.
Lorenzo no partido contra o Cerceda. Foto: Amadeo Rey.
  • O mediocentro de Bembibre cumplirá a súa terceira campaña ás ordes de Yago Iglesias.

  • O porteiro amplía o seu contrato nesta segunda etapa no Compos.

Santiago de Compostela, a 6 de Xuño de 2017.

O centrocampista polivalente Samuel Rodríguez Noya e o porteiro Lorenzo Riveiro Oliveira seguirán un ano máis nas filas da SD Compostela. O xogador de Bembibre, ao cal coñece moi ben Yago, xa que o adestrou os dous últimos anos no Noia e no Compos, e o meta padronés, que chegou no mercado invernal para cubrir a baixa de Manu Cedrón, asinan ata xuño de 2018.

Procedente do Noia de Yago Iglesias, Samu foi un fixo desde o inicio nas aliñacións do técnico ribeirense, realizando grandes actuacións no dobre pivote. Proba do seu rendemento é que anotaría mesmo tres goles, dous na Copa Deputación -ante o Paiosaco e o Somozas- e outro en Liga, cun zambombazo ante o Alondras.

Con todo, tras xogar case todos os minutos ata a data, na xornada 8, ante o Villalbés, sufriría un golpe no pé que lle obrigou a pedir o cambio nese encontro e que provocaría un calvario do que lle custou saír máis do esperado. Tal foi o problema, que non volvería xogar ata o primeiro partido da segunda volta.

Tras meses de parón, a Samu custoulle moito recuperar o ritmo competitivo e iso provocou que xa non contase cos minutos que si tivo ao comezo. Aínda así, ao final de tempada, sumou 21 partidos xogados, 18 deles de titular, nos que anotou dous tantos, o da primeira volta ante o Alondras e o da última xornada contra o Barbadás.

Pola súa banda, ‘Loren’, asinou polo Compos tras desvincularse do Alondras en xaneiro, vivindo así a súa segunda etapa en terras santiaguesas, xa que xogara na tempada 2013/14 en Segunda B.

Desde a súa chegada, o meta ocupou o rol de porteiro suplente, xa que a pesar do seu enorme traballo, non conseguiu desbancar do posto a un enorme Lucas Díaz, nomeado mellor xogador da tempada pola afección.

Así, co cadro branquiazul, Lorenzo participaría en tres xornadas, as últimas do campionato. Debutou na derrota por 1-0 ante o Cerceda, mantivo a portería a cero na vitoria ante o Negreira e pechou o ano con outro triunfo ante o Barbadás, encontro no que detivo un penalti decisivo que permitiu ao equipo sumar os tres puntos.  

Coa renovación destes dous futbolistas, Yago conta xa con doce xogadores para o plantel que loitará por meterse no playoff de ascenso.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.