SANTI TABOADA NON CONTINUARÁ NA SOCIEDADE DEPORTIVA COMPOSTELA

9 de Xuño de 2017
  • O xogador rechazou en varias ocasións a posibilidade de negociar co club.

Santiago de Compostela, a 9 de Xuño de 2017.

O xogador Santiago Taboada Moreno, “Santi Taboada”, non continuará nas filas da Sociedade Deportiva Compostela na vindeira tempada. O que fora o primeiro capitán do plantel en Terceira División, na súa segunda etapa no club, deixa o Compos sen escoitar a proposta de renovación, pois o seu desexo dende un primeiro momento foi o de poder fichar por un equipo de superior categoría, coma en reiteradas ocasións llo fixo saber á dirección deportiva.

No pasado mes de marzo, a dirección deportiva do Compos fixo un primeiro intento de renovar ao seu capitán, tendo una resposta negativa, no senso de que quería esperar a finalizar a tempada, e ver outras opcións si o conxunto non conseguía o ascenso de categoría. Esta foi a primeira ocasión na que o xogador se negou a escoitar algunha oferta.

Unha vez rematada a tempada, o club tentou de novo sentarse a negociar con Taboada, recibindo a mesma resposta que obtivera en marzo, é dicir, que polo momento non ía negociar co Compos e que ía tentar xogar nalgunha categoría superior e incluso no estranxeiro. A dirección deportiva, nesta ocasión, xa lle transmitiu o xogador a posibilidade de buscar outras opcións e que non ía esperar máis. O desexo do xogador era ter ata xullo para atopar equipo, e se non o lograba, sentarse a negociar co Compos. A dirección deportiva entendeu que esta opción non era posible por danar os seus intereses deportivos.

Dende o club queremos desexarlle o mellor a Santi e agradecerlle os seus servizos a esta entidade.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.