Carta de despedida a Gonzalo García Recoba

20 de Xuño de 2017
Gonzalo Recoba no seu último encontro en San Lázaro. Foto: San Lázaro.
Gonzalo Recoba no seu último encontro en San Lázaro. Foto: San Lázaro.

Santiago de Compostela, a 20 de Xuño de 2017.

Gonzalo García Recoba non seguirá na SD Compostela. O gran mediapunta colga as botas, tras un último ano no noso equipo, para dar un paso máis na súa carreira, a cal seguirá ligada ao mundo do fútbol, pero desde os bancos.

Tras un breve paso polo Compos, co que comezou a adestrar a principio de tempada, pero a xogar en decembro, Recoba firma como primeiro adestrador do Esbjerg, conxunto da Segunda División Danesa.

Nesta segunda etapa no Compos, Gonzalo xogou un total de 23 partidos, todos menos un de titular, nos que anotou sete goles, ademais de participar en numerosas xogadas que acabaron en goles ou ocasións dos seus compañeiros.

A chegada de “O Messi dá Terceira” deulle un salto de nivel ao equipo. Os compañeiros gozaron da calidade futbolística de Recoba, quen lles axudou a ser mellores, pero tamén da súa calidade humana. En definitiva, un gran compañeiro, tanto dentro como fóra dos terreos de xogo.

Aínda que che botaremos moito de menos, alegrámonos de que estes meses en casa Compos che servísen para sacar o título de adestrador, co cal obtiveches o teu primeiro traballo en terras danesas. Despois da túa experiencia connosco, estamos convencidos de que a túa carreira nos bancos será tan exitosa coma no fútbol. Desexámosche a maior sorte do mundo, cun futuro de adestrador no que logres moitos éxitos. Grazas, Gonzalo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.