Sergio Pereira: “Firmei por dous anos, pero quero estar o máximo posible aquí”

19 de Xuño de 2017
De esq. a der.: Manu Castiñeiras, Sergio Pereira e Gonzalo, responsable de 4-4-2 Botas.
De esq. a der.: Manu Castiñeiras, Sergio Pereira e Gonzalo, responsable de 4-4-2 Botas.

 

  • A nova fichaxe do Compos foi presentado esta mañá na tenda de 4-4-2 Botas, en Área Central.

Santiago de Compostela, a 19 de Xuño de 2017.

Con bufanda en man e roupa corporativa, Sergio Pereira Blanco foi presentado esta mañá como novo xogador da SD Compostela, na tenda 4-4-2 Botas, en Área Central. O xogador, acompañado de Manu Castiñeiras, director deportivo do club, compartiu as súas primeiras impresións tras embarcar no proxecto santiagués.

“É un cambio bastante grande. Chego a un dos clubs máis grandes de Galicia e teño moitas gañas de empezar xa a adestrar”, comentou o xogador de Santa Comba.

O lateral dereito explicou que “a pesar de ter outras ofertas, cando me chamou o Compos tíveno claro”, xa que cre que “podo ter máis minutos, que para un xogador novo sempre é bo, e tamén ten un bo proxecto de futuro”. Por esta razón, Sergio asinou por dous anos, aínda que aclarou que “quero estar o máximo tempo posible aquí”.

Tras acabar a tempada no Somozas, Sergio buscaba un cambio de aires e a oferta do Compos seduciulle. A pesar de que ten claro que terá unha dura competencia con Saro, para ocupar un posto no once, pensa que, ao final, “isto axuda a que o colectivo mellore”. El, como xogador, cre que pode achegar ao equipo “un bo trato de balón, velocidade e colocación no campo”.

Ademais, está convencido que “temos un plantel moi bo, con xogadores polivalentes, completo e nivelado”, aínda que “necesitamos fichar algo máis arriba”. Por iso, Sergio insiste en que “teñen moitas opcións de meterse entre os catro primeiros, pero para logralo, non se poden deixar escapar puntos de San Lázaro”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián Noya📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 ATA O FINAL!! 💪 CON TODO E A LOITALO ATA O ÚLTIMO SEGUNDO!!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.