Arrinca o II Campus da SD Compostela

25 de Xuño de 2017

 

  • Este luns visitarán aos nenos os xogadores do primeiro equipo: Lucas Díaz e Samu Rodríguez.

Santiago de Compostela, a 25 de Xuño de 2017.

Arrinca o II Campus da SD Compostela. Mañá, luns 26 de xuño, iniciarase, no campo municipal das Cancelas, o segundo campus de verán do equipo branquiazul. Os nenos inscritos gozarán dunha semana na que se divertirán xogando e adestrando, pero tamén realizando outras actividades que axuden a levar dunha forma máis amena a semana.

O horario de adestramentos e xogos será de 10 da mañá a 1 da tarde e de 4 a 7. Ademais, case a metade dos nenos apuntáronse á comida, a cal se realizará en Cervecería Lois, no Centro Comercial As Cancelas.

Todos os días, os nenos terán a visita dun invitado especial, a excepción do primeiro, no que serán dous. O luns virán Lucas, protagonista do Campus, e Samu, xogadores do primeiro equipo; o martes estará o árbitro de Segunda B Alain Kevin García; o mércores, Borja Iglesias, máximo goleador do Celta B e que realizará a pretempada co primeiro equipo; o xoves, a recente fichaxe do club, Álvaro Casas; mentres que para o venres, o invitado aínda está por determinar.

A maiores, citar que haberá sorteos de agasallos e que o último día, os nenos recibirán un diploma que acredita que participaron neste II Campus da SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.