Zona Vella e SD Compostela asinan un convenio federativo

23 de Xuño de 2017
  • O equipo santiagués será o filial do Compos a partir da próxima campaña.

Santiago de Compostela, ao 23 de xuño de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela e o Zona Vella Club de Fútbol asinaron esta tarde nas oficinas de San Lázaro un acordo federativo polo cal, durante o próximo curso, converterase no filial do equipo branquiazul.

O acordo vincula a ambas as partes para a tempada 2017/18, co obxectivo de que sexa un conxunto que sirva de trampolín para os xuvenís do Compos que rematan a súa etapa na base, tendo unha saída próxima no seu primeiro ano sénior. A meta tamén é que ascenda a Primeira Rexional, para que o nivel competitivo sexa maior, e que se forme unha asociación con gran futuro dentro da cidade de Santiago.

O Zona Vella CF é un conxunto que milita no Grupo 5 da Segunda Rexional Galega, na que quedou décimo a última campaña. Ademais, o equipo santiagués ha logrado dúas Copas de Santiago consecutivas, nos dous últimos anos. A primeira, tras gañar nos penaltis ao Bodegón Arzúa, e a última, tras vencer 3-1 ao Club Atlético Fátima.

FOTO

De esquerda a dereita: Roberto Celi, S.X Zona Vella, J. Luis Raviña, presidente do Zona Vella, Javier García, vicepresidente do Compos, e Juan Carlos Rodríguez, secretario xeral da SD Compostela.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.