O Compos presenta a súa Campaña de Abonados 2017/18

23 de Xuño de 2017

cartel-A3-abonos

 

  • O lema da campaña, que comeza o 28 de xuño, é #PeregrinandoCaraUnSoño.

  • O club reduce nun 5% o prezo dos abonos.

  • Haberá dúas quendas de prezos e poderase pagar o carné en dous prazos, a condición de que se faga por domiciliación bancaria.

Santiago de Compostela, a 23 de Xuño de 2017.

Baixo o lema #PeregrinandoCaraUnSoño, a SD Compostela presentou esta mañá no seu córner oficial, en Reizentolo, a campaña de abonados para a tempada 2017/18, que comezará a partir do 28 de xuño. Cunha redución dun 5% no prezo dos mesmos, a entidade santiaguesa ten como obxectivo aumentar o seu número de socios nun 15%. Ademais, quere facilitar a alta coa posibilidade de fraccionar o pago en dúas quendas ou coa opción de facela a través de internet.

No acto que serviu de presentación para unha nova campaña de socios estiveron presentes Ramón Castro, relacións institucionais do club, e Javier Puñal, director de márketing. Eles foron os encargados de ensinar as novidades deste novo ano.

En primeiro lugar, Ramón Castro quixo resaltar as melloras que hai respecto do curso pasado: “Os prezos de tribuna, en ambas as etapas, redúcense ao redor dun 5%, o pago  poderase facer en dous prazos (setembro e decembro), a condición de que sexa por domiciliación bancaria, as entradas para os partidos poderanse retirar online e as altas de abonados tamén se poderán realizar a través da web”, explicou.

Do mesmo xeito que en cursos anteriores, haberá dúas quendas: a primeira, do 28 de xuño ao 4 de agosto, ambos os días inclusive, e a segunda, do 4 en diante, na que os prezos aumentarán ao redor dun 18%.

En canto aos prezos, achegados na foto, Ramón apuntou os principais cambios “no prezo de tribuna, dos nenos ata 12 anos, que entran gratis, e dos menores de 18”.

Pola súa banda, Javier Puñal destacou o lema da campaña #PeregrinandoCaraUnSoño. “Este slogan reflicte, por unha banda, a importancia do peregrino nesta cidade, como ben se pode comprobar aquí, en Reizentolo, a cal é unha tenda tamén de souvenir, e polo outro, marca o obxectivo desta tempada, pelexar polo playoff de ascenso. En definitiva, un lema cara ao que nos queremos orientar”, detallou.

A maiores, o director de márketing comentou que “os abonados terán unha serie de descontos, con máis de 20 empresas asociadas, que están visibles na web e que irán aumentando a medida que se pechen patrocinios”.

Tamén relatou que, inicialmente, haberán dous días do club e que os prezos serán exclusivamente para tempada regular, aínda que tamén entrará nel o II Memorial Antonio Bermúdez.

Por último, ambos os directivos apuntaron que o obxectivo con estes cambios na campaña é “aumentar o número de socios nun 15 ou 20%”. Para #PeregrinarCaraUnSoño necesítase o apoio de toda unha bancada, de todos os compostelanistas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.