Calendario de pretempada da SD Compostela

4 de Xullo de 2017
Imaxe da pretempada pasada. Foto: Amadeo Rey.
Imaxe da pretempada pasada. Foto: Amadeo Rey.

 

 

  • O Compos, que volverá aos adestramentos o 18 de xullo, estrearase na Escravitude contra o Boiro.

Santiago de Compostela, a 4 de Xullo de 2017.

Yago Iglesias e os seus xogadores xa coñecen o seu primeiro calendario de pretempada. O novo plantel da SD Compostela arrincará a súa posta a punto de cara a un novo ano na Terceira División o vindeiro martes 18 de xullo, mentres que xogará o seu primeiro amigable o sábado desa semana contra o Boiro, na Escravitude.

Dentro de quince días exactos, o novo proxecto do Compos poñerase en marcha. O equipo volverá á faena na tarde do 18, cunha sesión vespertina que servirá de toma de contacto, nas instalacións de San Lázaro II. Será o primeiro adestramento dun mes moi cargado, no que todas as sesións serán de tarde e á mesma hora, as 18:30.

Para esa primeira semana, os branquiazuis xa terán un primeiro amigable de posta a punto. Será no 50 aniversario da SD Escravitude, nun partido que disputarán contra o CD Boiro no Novo Campo do Doce ás 19:30.

Na seguinte semana, e en plenas festas do Apóstolo, a SD Compostela xogará o partido máis especial do ano, o II Memorial Antonio Bermúdez, en recordo do gran locutor e directivo branquiazul. O encontro será o ‘Día de Galicia’ (25 de xullo) ás 20h en San Lázaro. O rival para tan sinalada data será o CD Lugo, equipo da Segunda División.

Tras este encontro, os branquiazuis xogarán o sábado contra a SD Dubra, no campo Juan Baleato ás 19:30, e o domingo, á mesma hora, contra o Deportivo B, no campo da Silveira (Camporrapado).

Para a seguinte fin de semana celebrarase o Triangular de Praíña, no campo de Reis, no que estará presente a escuadra santiaguesa.

Por último, o martes 15 de agosto, o Compos enfrontarase ao Puebla CF no campo da Alta, na 43 edición do Trofeo Conde de Fenosa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos darlle continuidade ao noso gran inicio de mes!⚽️ 𝐗𝟏𝟒🆚 Atlético Coruña Montañeros 🗓️ Sábado, 13 de decembro🕓 16:00 horas🏟️ Elviña GrandeEste sábado, apoia aos nosos na Coruña para conseguir unha importante vitoria! 🙌🫂#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan mañá ao traballo para preparar unha nova saída na Liga🏟️ As sesión serán en artificial, dúas na Escrivitude e a última nas Cancelas#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador, Fiz Rodríguez 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐅𝐢𝐳!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 O Compos é máis líder tras gañar 1⃣-0⃣ ao Arosa SC na casa👉 sdcompostela.com/gl/2025/12/07/compos-lider-1-0-maceira-casa/📸 Nacho Castaño#ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O técnico do Compos valorou a vitoria dos nosos na casa, 1⃣-0⃣, contra o Arosa SC #ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.