Primo, o dianteiro centro buscado

5 de Xullo de 2017
Primo no momento do gol en Astorga. Foto: CD Vitoria.
Primo no momento do gol en Astorga. Foto: CD Vitoria.

 

  • O punta cántabro logrou o ascenso co CD Vitoria, ao que chegou en xaneiro, esta tempada.

 

Santiago de Compostela, a 5 xullo de 2017.

Óscar Manuel Conde Cruz, ‘Primo’ (San Pantaleón de Aras, 24/06/1993), será o dianteiro centro da SD Compostela 2017/18. O goleador cántabro, tras lograr o ascenso a Segunda División B co CD Vitoria -filial da SD Eibar-, firma co cadro branquiazul por unha tempada.

Primo é un ‘9’ de 24 anos de 1,77 de altura, saído da canteira do Racing de Santander, con catro tempadas de experiencia en Terceira División, nas que en todas elas entrou no playoff de ascenso, e unha máis en Segunda B, co C.D. Tropezón.

Tras saír das categorías inferiores do Racing, o novo ariete asinou polo Laredo de Terceira, no que estivo dous anos, acabando senllas ligas en cuarta e segunda posición, respectivamente. Ao curso seguinte, ficharía polo CD Tropezón, da categoría de bronce do fútbol español, conxunto no que só estivo ese curso. Con eles, Óscar xogou trece partidos, nos que anotou 4 goles. Curiosamente, un deles foi en San Lázaro, na vitoria do Compos por 4-2.

No seguinte verán, Primo volvería baixar de categoría para fichar pola Ximnástica de Torrelavega. Nunha tempada na que o equipo cántabro acabou segundo, o dianteiro anotou 26 goles -dous de penalti- nos 32 partidos que xogou. Un dos tantos marcouno no segundo partido da primeira eliminatoria de ascenso contra o Mutilvera, con todo, non sería suficiente para pasar a rolda.

O ano pasado continuaría no conxunto cántabro, logrando un gran rendemento desde principio de tempada. Só na primeira volta anotou trece goles, cun encontro no que asinou catro dianas. Este gran estado de forma chamou a atención do filial do Eibar, ao que chegaría no mercado invernal. En terras vascas, Primo asentaríase como o dianteiro referencia do filial nas últimas xornadas do campionato. A pesar de que non estivo tan fino no apartado goleador, só anotou tres tantos, Primo meteu o ansiado gol do ascenso, no partido de volta da terceira eliminatoria ante o Atlético Astorga.

Coa súa incorporación, o Compos asina o dianteiro goleador que estaba a buscar. Trátase do décimo noveno xogador do plantel e a sexta fichaxe para o novo ano, na que o obxectivo é pelexar polo playoff de ascenso. Ás ordes de Yago Iglesias, Primo espera repetir o éxito acadado co CD Vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.