Yago Iglesias: “Os xogadores que trouxemos son para dar o salto de calidade que queremos”

20 de Xullo de 2017

 

  • O adestrador analizou o novo persoal e as primeiras semanas de adestramentos.

Santiago de Compostela, ao 20 de xullo de 2017.

A nova SD Compostela púxose en marcha esta semana no campo de Conxo. Os novos integrantes do plantel comezaron a entranar ás ordes dun Yago Iglesias que se sente moi satisfeito co grupo que conformaron.

“A nosa primeiro opción era ter a máxima continuidade posible, o cal logramos nun tempo récord, polo que tivemos tempo para traer a eses xogadores que nos permitan dar ese salto de calidade”, aclara o adestrador.

Aínda que o plantel de 19 xogadores, máis catro canteiráns, pode parecer curto, Yago explicou que, por unha banda, “a mentalidade do club é a de contar con xente de abaixo”, mentres que por outra, “queremos un grupo máis competitivo, no que non teñamos que facer tantos descartes”. Ademais, Yago ten plena confianza nos mozos que soben do xuvenil, xa que “adestraron todo o ano pasado connosco, fixeron unha gran tempada na liga Nacional e pensamos que teñen un gran futuro”. Con todos eles, o primeiro equipo está pechado, fóra de que se ven necesario incorporar algo ao longo da pretempada, non o descartan.

O obxectivo con eses 23 futbolistas será o marcado desde que acabou o curso pasado: “a meta é mellorar o do ano pasado e quedar o máis arriba posible”. Para iso, que se manteña a gran parte do plantel e que este teña un ano de experiencia na categoría achegará moito, segundo apunta o técnico, nunha liga que manterá o nivel, xa que os dous equipos que descenden ocuparán o oco deixado polos tres que ascenderon.

A pesar de todo, para chegar a destino, primeiro hai que empezar aos poucos e, por esta razón, Yago planificou unha primeira semana de adestramentos na que “traballaremos para que os xogadores collan o ton físico, a partir de exercicios con balón”. A maiores, o corpo técnico pretende que estas cinco semanas que quedan por diante, antes do comezo ligueiro, as seis incorporacións poidan axustarse perfectamente aos seus compañeiros.

Para os primeiros quince días terán esta primeira semana de adestramentos e amigable o sábado, e unha segunda de tres partidos e catro adestramentos. En eses encontros, enfrontaranse a rivais importantes, xa que a mentalidade do adestrador é que “canto máis nivel ten o opoñente, máis te espremes e permíteche valorar mellor o nivel competitivo dos xogadores”, concluíu Yago.

Agora só queda esperar que a pretempada permita aos xogadores coller ese pico de forma que desexan desde o corpo técnico para empezar a competición con moi bo pé.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
ℹ️⚽️ Debido ao estado do terreo de xogo do Campo Municipal de Vista Alegre, por mor das condicións climatolóxicas, o amigable de mañá contra o Atl. Coruña Montañeros disputarase no campo de adestramento Anexo San Lázaro II 👉 Será no mesmo horario e a porta pechada📸 Nacho Castaño#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹⚽️ Tres goles fabricados na Canteira Picheleira 🩵🤍 Goris, Manu Rivas e Turbi foron os goleadores dos nosos no Triangular Vila de CambadosTres xogadores formados na canteira e que forman parte do primeiro equipo🎥 Veo 📸 Nacho Castaño#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.