Última semana con descontos para facerse abonado do Compos

28 de Xullo de 2017

dñmsñgmsdf

  • A partir do 4 de agosto os prezos aumentarán nun 18%.

Santiago de Compostela, a 28 de Xullo de 2017.

O vindeiro venres 4 de agosto a campaña de abonados da SD Compostela, que leva o lema #PeregrinandoCaraUnSoño, pechará o seu primeiro tramo con vantaxes. Os actuais prezos aumentarán en aproximadamente un 18% dentro de sete días, nun segundo tramo que perdurará ata as primeiras xornadas do campionato.

Para realizar o abono nesta última semana poderás utilizar as dúas vías que temos abertas. Por unha banda, a realización presencial nas oficinas do club -de luns a venres, de 10h a 13h e de 16h a 21h- e, polo outro, a vía online, a través da nosa páxina web, na que está presente o banner que enlaza ao programa.

Ademais, en canto ao pago, lembrar que se pode facer en efectivo, por tarxeta ou domicilialo en dous cómodos prazos -setembro e decembro-.

Todo aquel que se abone contará a maiores con descontos en diversas empresas de Santiago e comarca que colaboran coa nosa entidade.

ABONO ONLINE

A través desta ruta, os compostelanistas entrarán nun programa para realizar o seu abono. Para iso, terán que seguir as seguintes condicións:

1. Para a renovación do seu abono, deberán poñerse en contacto co club no número 981 57 70 41, para que se lles poida facilitar o seu usuario e contrasinal.

2. Para novos abonados, deberán rexistrarse para poder adquirir o seu carné de socio.

3. Para recibilo deberá acreditar previamente a condición correspondente (neno, xuvenil, desempregado de longa duración, xubilado, universitario menor de 25 anos), acompañado do seu DNI, que deberá enviar a sdcompostela@sdcompostela.com, ou senón proceder á súa retirada nas oficinas do club.

PREZOS

Neste primeiro tramo, o prezo para tribuna é de 90€, pasando a 115€ a partir do día 4; os xubilados pagan 75€, polos 90€ do segundo tramo; mentres que aos menores que teñen entre 13 e 17 anos cústalles agora 30€ o carné, e tras o venres serán 45€.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.