Primo: “No Compos hai un grupo de persoas excepcional, capaz de lograr grandes cousas”

27 de Xullo de 2017
Presentación Primo 2
Carlos Debasa, esquerda, xunto a Primo e Ramón Castro.

 

  • No acto presentouse a Percent Compostela como partner oficial de vivenda da SD Compostela.

Santiago de Compostela, a 27 de Xullo de 2017.

Os compostelanistas xa coñecen ao novo home gol da SD Compostela. Óscar Conde Cruz, máis coñecido polo alcume de ‘Primo’, foi presentado esta mañá como novo xogador do Compos na Sala de Trofeos do club, nun acto no que estiveron presentes tamén Carlos Debasa, xerente territorial de Percent, e Ramón Castro, director das relacións institucionais da entidade.

O dianteiro cántabro, tras días adestrando co seu novo plantel, considera que “hai un grupo de persoas fenomenal, capaz de lograr grandes cousas”. Primo está encantado de estar no seu novo club e dentro dun bloque de xogadores “moi humildes e moi traballadores”. Ademais, chamoulle a atención a calidade que teñen na forma de xogar, polo que “temos que levar o peso dos partidos, sobre todo no noso estadio”, asegura.

Neste estilo de xogo, o punta séntese moi cómodo, xa que a pesar de ser un dianteiro con desmarque, gústalle baixar a recibir. Afeito a meter unha gran cantidade de goles por tempada, Primo asegura que “con tranquilidade, as cousas chegan ao seu tempo”. Confía en si mesmo e tamén na capacidade dos seus compañeiros para axudarlle a meter máis tantos.

De momento, xa marcou no seu primeiro amigable, aínda que non participou no segundo por un problema nos isquios. “Nótase que só tiven dúas semanas de descanso. Once meses de fútbol fanse longos, pero espero estar ao 100% para a Copa Deputación”, comenta.

Con todo, a fichaxe branquiazul espera comezar a tempada canto antes para devolver ao equipo a categorías superiores. “É un club histórico e moi coñecido en toda España”, polo que na negociación, aínda que lle pediu uns días á dirección deportiva compostelanista para descansar, “cando necesitaron a resposta, non o dubidei”, afirma.

Anteriormente, no acto de presentación, Ramón Castro foi o encargado de abrilo presentando tanto ao director da inmobiliaria compostelá como ao dianteiro centro, ao que lle desexou a maior das sortes para perforar as porterías rivais. Ademais explicou o novo vínculo de Percent Compostela co Compos, como novo partner oficial de vivenda.

Pola súa banda, Carlos detallou a nova relación entre ambas entidades. Desde esta tempada, tal como citara Ramón, a súa empresa será partner oficial de vivenda do Compostela, con descontos para xogadores e traballadores do club, pero tamén para os abonados, que contarán cunha rebaixa no prezo co seu carné de socio. A entidade tamén terá presenza en publicidade estática no campo e nunha das camisetas de xogo. Estes serán os detalles dun acordo que espera, “siga moitas tempadas máis”, citou Carlos Debasa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.