Visita a un campo histórico para manter o liderado

11 de Novembro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/-WTK88Xd_xY” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

 

  • Primo, Ube, David Uña e Alberto Freire son baixas para o partido.
  • O Ourense, con 9, é o equipo que menos goles encaixou na tempada.

Santiago de Compostela, a 11 de Outubro de 2017.

O histórico campo do Couto recibe mañá a un club histórico. A SD Compostela, tras alzarse á primeira posición da clasificación, viaxará á cidade das Burgas para enfrontarse ao Ourense CF, un conxunto recentemente ascendido pero que xa demostrou as súas credenciais na nova categoría.

Cun empate na última saída da tempada, no difícil partido contra o Alondras, o Compos busca regresar á senda do triunfo de visitante. Ata o momento, o equipo branquiazul sumou cinco triunfos lonxe de San Lázaro, un empate e tan só unha derrota.

A nova posición axuda a ter máis confianza para lograr os tres puntos, aínda que Yago Iglesias asegura que “non é algo que nos quite o soño”. Corpo técnico e xogadores saben que o importante é “chegar o máis arriba posible a final de ano e para iso requírese unha gran responsabilidade”, comentou.

Ese compromiso require un gran esforzo e mañá terá que ser se cabe maior debido ás baixas. Ube, tras a vermella ante o Noia; Primo, que saíu conmocionado o outro día e que ademais recibiu o quinto cartón; David Uña, con molestias tras os partidos de semanas anteriores; e Alberto Freire, cunha escordadura de xeonllo, non serán da partida no Couto. Mentres, Róber, que xa adestrou onte co grupo, viaxará co resto de xogadores.

Esta circunstancia non pasa inadvertida para un técnico que o considera “algo excepcional”. O adestrador explica que “cun plantel curto si que notas máis algo así, pero co nivel que temos non é nada do outro mundo”. Si influirá, segundo relatou, nas variantes que teña para preparar o partido.

Por outra banda, en canto ao rival, Yago analizou ao Ourense como “un equipo que a pesar de ser recentemente ascendido, reforzouse moi ben, con xente con nome noutras categorías, como o caso de Renan, e xente moi rápida en banda, propicios para un campo grande como o seu”.

Precisamente, do Couto, Yago sinalou que “é unha pena a situación que vive agora, xa que non está nas mellores condicións e iso non nos beneficia todo o que quixésemos”.

Sobrepoñéndose ás condicións do campo, aos lesionados e ao horario diferente, coas cámaras de ProLiga gravando, o Compos buscará un novo triunfo no Couto que lle permita manterse no alto da clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo regresamos á nosa casa💪🩵🤍 Queremos o primeiro +3⃣ da Tempada!🤝 Partido patrocinado por 𝐃𝐮𝐫𝐦𝐞𝐭🆚 Sestao River Club 🗓️ Domingo, 20/09🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas Online xa á venta: sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 O equipo xa iniciou a semana para preparar o regreso da Liga á nosa casa! #compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
📸 #portucompos👉 Primeira portería a cero da tempada e primeiro punto para os nosos en Portugalete✍️ sdcompostela.com/gl/2026/09/13/compos-empate-portugalete-0-0/📷 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
DON EDU SOUSA📸 Ignacio Castaño Gómez #portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAALClub Portugalete 0️⃣-0️⃣ COMPOSPrimeiro punto da tempada, nun campo complicado! A por máis!!📸 Ignacio Castaño Gómez#portucompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.