Empate na visita ao Couto

12 de Novembro de 2017
Álex Ares anotou o tanto do empate cun golazo desde esta posición. Foto: Amadeo Rey.
Álex Ares anotou o tanto do empate cun golazo desde esta posición. Foto: Amadeo Rey.
  • Santi e Cardeñosa retiráronse lesionados, Rubén tocado.

  • Álex Ares anotou un dos goles da tempada.

Santiago de Compostela, a 12 de Novembro de 2017.

A SD Compostela sumou un novo punto noutro encontro de visitante que estivo marcado polos infortunios en forma de lesións. Aos que xa non estaban dispoñibles, sumáronse as lesións de Cardeñosa e Santi na segunda metade.

O Compos, con máis posesión que os locais, encaixou o primeiro no minuto 23, tanto obra de Edu, pero conseguiu igualar cun golazo de Álex Ares, xusto antes do descanso. Na segunda metade, tivo a vitoria, pero non conseguiu acertar coa meta.

Con cambios no once por obrigación, o Compos saltou ao campo do Couto coa firme intención de levar o peso do partido. O campo grande, aínda que o céspede non estaba nas mellores condicións, axudaba a este estilo de xogo.

Coa posesión, os nosos comezaron a ter aproximacións, pero sen excesivo perigo. Mentres, o Ourense, replegado, buscaba a velocidade das súas puntas para cazar unha contra e así chegaría o seu gol. Centro desde a dereita de Piñeiro ao segundo pau, onde aparecía Edu para rematar de forma excepcional coa cabeza á escuadra.

Con todo, o tanto local espoleó aínda máis aos nosos, que rozarían o empate á media hora de xogo. Nunha xogada elaborada, o balón chegaba a Rubén na frontal, o extremo encaraba ao seu par e soltaba e un tiro que saía rozando o traveseiro. No córner desta xogada, Cardeñosa remataba de cabeza no punto de penalti, pero o seu cabezazo íase ao pau.

E como o gol estaba a roldar, acabou chegando, xusto cando se cumpría o minuto 45. Saro sacaba rápido para Samu, o mediocentro tocaba para Álex Ares e o dez, tras saír de caneo, colocaba o balón na escuadra do segundo pau. Un auténtico golazo.

Co empate, o Compos saíu no segundo tempo máis confiado. Á saída dos vestiarios, o balón era só visitante. A pesar dos infortunios, en forma de lesión de Cardeñosa e Santi Gegunde, as ocasións eran só visitantes. Con todo, nas dúas máis claras, o propio Santi e tamén Sobrido atoparían coa gran reacción de Michi, que sacaba na liña ambos os lanzamentos.

Con todo, os problemas físicos acabaron facendo madeixa nos nosos e ao final do partido custoulles chegar á área rival. Deste xeito, o partido pecharíase cun empate nun campo complicado como o da cidade das Burgas. Outro punto máis para manterse na parte alta da táboa.

FICHA TÉCNICA

1- Ourense CF: Michi; David Antón, Juanma, Germán, Andrade; Pardavila, Galego; Piñeiro (Martín, m.56), Renan, Pedro (Sergio de Paz, m.63); e Edu (Xinzo, m.86).

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa (Tomás, m.47), Álvaro Casas, Naveira; Samu, Mon; Sobrido, Álex Ares, Rubén (Róber, m.80); e Santi (Diego Rey, m.69).

Goles: 1-0: Edu, min.23; 1-1: Álex Ares, min.45.

Árbitro: Pastoriza Iglesias, comité coruñés. Amoestou a Galego e Xinzo, polos locais, e a Cardeñosa, Álex Ares e Tomás, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo quinta xornada de liga de Terceira División disputado no Couto ante 600 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.