Desexando darlle unha alegría á afección

16 de Novembro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/hj9tsAFRshQ” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

 

  • Cardeñosa e Alberto son baixa, Primo saberá mañá se recibe o alta.

  • O Negreira chega tras vencer ao Barbadás.

Santiago de Compostela, ao 16 de novembro de 2017.

A SD Compostela ten un obxectivo: volver demostrar a forza que ten o fortín de San Lázaro. Os xogadores queren demostrar a mellor das súas versións no campo que mellor se adapta ás súas condicións e facer gozar a unha afección que está a ser un apoio enorme neste comezo de campionato.

Por esta razón, Yago Iglesias, en rolda de prensa, quixo facer un chamamento a todos os afeccionados branquiazuis. “Gustaríame que nos animasen como nas últimas semanas. O equipo sentiuse moi arroupado ante o Arosa e teñen ese sabor moi doce da afección dese día. Gustaríanos que nos animen así sempre, sexan os resultados positivos, que é o que queremos, ou non”, asegura o técnico. Así, comenta que o grupo desexa darlle un bo espectáculo ao público para agradecer ese ánimo e que se vaian contentos ás súas respectivas casas.

Ademais, o equipo quere sumar os tres puntos para manterse no alto da táboa. “O liderado foi algo anecdótico, non é algo que nos quite o sono, o importante é estar no vagón dos catro primeiros e chegar o máis arriba posible en maio”, explica o adestrador ribeirense.

Para iso, o corpo técnico non poderá contar con Cardeñosa, lesionado cunha rotura de fibras, nin con Alberto Freire, que aínda non se recuperou da súa escordadura de xeonllo. Será dúbida tamén Primo, quen pasará mañá unha proba para saber se recibe o alta deportiva.

Outro factor contra o que se teñen que medir é a confianza dos conxuntos rivais. “O rival está a vir coa moral alta e esta semana exemplo moi claro”, di Yago. “Do mesmo xeito que contra ao Noia, é un equipo de abaixo que vén de coller confianza e que non ten nada que perder, algo que o converte nun conxunto moi perigoso”, advirte.

A maiores, a SD Negreira conta con “tres ou catro xogadores con experiencia na categoría, como Cea, Capelo, Rodri ou Quintairos, quen podería estar en equipos da parte alta, pero cando o colectivo non funciona, é difícil”, analiza o técnico branquiazul.

Por último, o feito de que o partido se emita pola televisión, segundo cita Yago, é un punto engadido para todos. Por iso, espera que os nosos revertan a situación e dean a mellor versión. Co público animando, o obxectivo estará un pouco máis preto.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

14 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.