Catro triunfos, con dobrete dos xuvenís

20 de Novembro de 2017
  • O Xuvenil de Liga Nacional rompe a súa mala serie gañando ao líder.

  • O Alevín B segue imparable e sobe ao segundo posto da clasificación.

Santiago de Compostela, ao 20 de novembro de 2017.

Unha vitoria máis. As categorías inferiores da SD Compostela superaron o rexistro de triunfos das dúas xornadas anteriores, logrando catro resultados positivos. O filial, os dous xuvenís e o alevín B foron os triunfadores dunha xornada na que o equipo de Liga Nacional conseguiu superar ao líder e así romper coa súa mala serie, á vez que o equipo alevín sobe á segunda posición.

O filial volveu triunfar en casa. Santa Isabel converteuse nun fortín para o Zona Vella e así o volveu a demostrar este domingo. Os locais superaron por 3-1 ao Trazo, logrando un gran triunfo que lle permite ascender ao quinto lugar da táboa. O heroe do partido foi Javier Losada, autor dos tres tantos que lle deron a vitoria ao conxunto local.

En canto ao Xuvenil de Liga Nacional sorprendeu ao líder e deixou atrás a súa mala xeira de resultados das últimas semanas. Os branquiazuis superaron por 2-3 ao Ural, no campo de Elviña. Os locais puxéronse por diante na primeira metade, pero os nosos déronlle a volta ao marcador cos goles de Yago Torrente (52) e Martín Vilar (61). Con todo, os locais empatarían desde o punto de penalti, pero de novo reaccionarían os nosos coa diana de Marcos Mella no 81, pechando así unha gran vitoria.

Mentres, o Xuvenil B tamén logrou unha gran vitoria contra o Vitoria FC que os afianza na zona media da táboa. Os canteiráns composteláns remontaron o partido tras o gol visitante nos primeiros compases. Raúl García e Schadrac Lonji foron os artífices da volta no marcador.

Pola súa banda, o Cadete non correu a mesma sorte e perdeu por idéntico resultado, 2-1, na súa visita ao Xuventu Aguiño. O gol de Gerardo Torres foi insuficiente para que os nosos sumasen algún punto.

En categoría infantil, a xornada foi aciaga en canto a resultado, xa que ambos perderon os seus respectivos encontros. O A perdeu na casa contra o Vitoria Fc por 4-5, despois de morrer na beira, porque remontaron desde o 1-5 ao 4-5. Pola súa banda, o Infantil B caeu por 5-1 ante o Arzúa, nun encontro no que conseguiu igualar o primeiro gol local.

En alevíns, o A caeu contra o Compañía de María por 3-2, resultado negativo que o mantén na parte media da táboa. Por contra, o B segue imparable en Liga e sumou un novo triunfo, esta vez contra o Vitoria FC por 4-2. Con estes tres puntos soben un lugar na clasificación, situándose na segunda posición.

Por último, o benxamín encaixou unha avultada derrota contra o líder da categoría, o Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron onte a semana de adestramentos para o inicio do play off👉 A partir de mañá, centrados en comezar ben a fase de ascenso#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Comeza o play off!! Este sábado, a primeira gran cita en Vilalba!Todos xuntos, a comezar con bo pe!! 🫂⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕡 18:30 horas🏟️ A Magdalena🎟️ Xeral: 15€ | Menores de 16 anos: Gratis#vilalbéscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.