Un obxectivo común, gañar

23 de Novembro de 2017

Santiago de Compostela, a 23 de Novembro de 2017.

Despois de aumentar o número de triunfos a fin de semana pasada, o obxectivo das categorías inferiores da SD Compostela non é outro que gañar. Os conxuntos queren afianzar ou mellorar as súas posicións na táboa na recta final da primeira volta.

O Xuvenil de Nacional, logo da gran vitoria cultivada en Elviña contra o líder, desexa repetir éxito e para iso terá que superar ao CD Conxo no derbi. O encontro xogarase o sábado ás 16.00 horas en As Cancelas.

O Xuvenil B tamén tentará repetir triunfo, aínda que a tarefa será complicada, xa que se enfrontará ao Bertamiráns, nun partido que se celebrará ás 18.00 horas do sábado no Municipal de Bertamiráns.

O Cadete, pola súa banda, xogará o domingo contra o CD Unión. Tras a derrota contra o Aguiño, os branquiazuis queren afianzar a súa posición en media táboa con tres novos puntos. Enfrontaranse ás 11.15 horas en As Cancelas.

En categoría infantil, o A quere reverter a súa mala dinámica e para iso xogará contra o Sálvora CF, o domingo ás 11.30 horas no Anexo Fieiteira; e o B, tras o revés da xornada anterior, busca un triunfo contra o Cire Melide que o manteña nos postos altos da táboa. O partido xogarase o sábado ás 11.15 horas no campo da Barrosa (Villestro).

En alevíns, o primeiro equipo mídese ao CD Conxo, o sábado ás 10.30 horas en Santa Isabel, e o B, segundo clasificado, ao Villestro SD, unha hora máis tarde. Mentres, o Benxamín quere sumar os seus primeiros puntos da liga ante o Amio, o sábado ás 15.30 horas no campo da Barrosa.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.