Manter a dinámica nun campo complicado

25 de Novembro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=z4wPTVlM7kE&feature=youtu.be” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Cardeñosa, Alberto Freire, por lesión, Diego Rey, por decisión técnica, e Álex Ares, por sanción, quedan fóra da convocatoria.

  • O equipo está preparado para un campo roto e pesado.

Santiago de Compostela, a 25 de Novembro de 2017.

A SD Compostela realizará mañá uno dos desprazamentos máis complicados da tempada. Visitará un campo que non se adapta ás súas características e no que terá que optar por un fútbol máis físico e máis directo.

A visita ao campo de San Pedro, no que o curso pasado sacou un punto no desconto, vén marcada ademais polas circunstancias meteorolóxicas desta semana. “A experiencia do ano pasado mostrounos un campo embarrado, que rompe co paso dos minutos e que cando chove non drena ben e por iso traballamos toda a semana por se nos atopamos esas circunstancias”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Así, o equipo ten claro que esta semana é moi importante “estar moi concentrados nas xogadas a balón parado e nos balóns directos”. O técnico espera un encontro “moi trabado, moi físico e con pouca continuidade”.

Con todo, este estilo de xogo tan diferente ao aceno de identidade do club, non se lle está dando mal ao conxunto esta tempada. “É outra cara que estamos a desenvolver ben, na que demos un paso adiante, xa que temos máis recursos, tanto de xogadores como de traballo, e ademais atopamos moitos goles en xogadas a balón parado ofensivas”, relata Yago.

En fronte terá a un rival que, a pesar de comezar a liga moi forte, baixou o seu rendemento nas últimas semanas. Os azulóns cambiaron a moito xogadores respecto do curso pasado, aínda que “teñen xogadores con moitos minutos na competición, con Aarón Paredes como referencia ofensiva, e outros futbolistas que subiron de Preferente e que contan con moito talento e moitas ganas”, detalla Yago.

A diferenza do que se poida pensar, esta tempada ao Villalonga está a custarlle sacar puntos no seu feudo, aínda que Yago non se fía desta circunstancia. “No mundo do deporte cada partido é un mundo e os refachos están para rompelas e é dabondo sabido que cando un equipo enfróntase ao Compostela dá o 200%”, analiza. Para superar este novo reto Yago Iglesias viaxa co posto.

Quedaron fóra por lesión Cardeñosa e Alberto Freire, Álex Ares por sanción e Diego Rey por decisión técnica. Os 16 restantes buscarán tirar de oficio e sacar tres novos puntos que os manteñan na parte máis alta da clasificación. A pesar de que teñan que xogar a un fútbol distinto ao desexado, os nosos teñen moita confianza en lograr os tres puntos.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS, CAMPIÓN DO TRIAGULAR VILA DE CAMBADOS@DeporCanteira 2️⃣ (8) - 2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris | Manu RivasCOMPOS 1️⃣-0️⃣ Arosa SC⚽️ Turbi👏 Gran participación dos nosos que seguen a coller sensacións para a tempada📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 FINAAL@DeporCanteira 2️⃣ (8) -2️⃣ (9) COMPOS⚽️ Goris e Manu Rivas👉 Gañamos nunha tanda de penaltis interminable, tralo empate nos 45 minutos🧤 Edu parou o noveno penalti e Miguel Prado asinou o definitivo🏆 O campión do Triangular Vila de Cambados sairá do noso seguinte encontro📸 Ignacio Castaño Gómez#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
1' |0️⃣-1️⃣|🔛 COMEZOU o partido en Cambados e..... GOOOOOLLL de GORIIISSS!!! ⚽️⚽️⚽️Adiántanse os nosos contra o Fabril nada máis arrincar, co tanto do canteirán trala asistencia de Edu González📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Hoxe, dobre cita en Cambados! 🩵🤍🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🕢 19:30 horas🆚 Arosa SC🕣 20:30 horas🏟️ Municipal de Burgáns🎟️ 10€🏆 Triangular Vila de Cambados#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.