O Infantil B e o Alevín B seguen imparables

27 de Novembro de 2017
O Xuvenil de Liga Nacional celebrando o seu triunfo no derbi.
O Xuvenil de Liga Nacional celebrando o seu triunfo no derbi.
  • Segundo triunfo consecutivo do Nacional que sae de descenso.

  • O filial empatou contra o cuarto clasificado, o Lamela.

Santiago de Compostela, a 27 de Novembro de 2017.

As categorías inferiores da SD Compostela viviron unha xornada na que lograron 3 vitorias e 2 empates como resultados positivos. Así, os triunfadores da fin de semana foron o xuvenil de Nacional, o Infantil B e o Alevín B.

En primeiro lugar, o Zona Vella logrou un punto ante o cuarto clasificado, o Lamela, ao que ten a un de distancia. O filial conseguiuse adiantar no marcador na primeira metade cun tanto de Pablo Rodríguez á saída dun córner, vantaxe que puido ampliar en varios man a man. Con todo, tras desaproveitar as súas oportunidades, o conxunto local aproveitaría a súa no minuto 90, tanto co que lograban o empate.

Dúas vitorias consecutivas permiten ao xuvenil de Nacional saír do descenso. Tras superar ao líder, esta vez foron capaces de gañar ao Conxo no derbi, despois de remontar nos últimos instantes do encontro. Os branquiazuis adiantaríanse na primeira metade cun tanto de Marcos Mella de penalti, diana contrarrestada polos visitantes con dous tantos nos primeiros minutos da segunda metade. Con todo, os nosos sobrepuxéronse e pecharon o 3-2 final, cos goles de Marcos Mella no 87 e Diego Rodríguez no desconto.

En canto ao Xuvenil B, non tivo tanta sorte e perdeu contra o segundo clasificado, o Bertamiráns, por 3-1. A pesar de poñerse por diante cun tanto de Marcos Andrade, os locais remontaron ao final do choque.

Nos cadetes, os branquiazuis empataron en As Cancelas contra o Unión, inmediato perseguidor dos nosos na clasificación.

En infantís e alevíns a tónica foi a mesma, derrota do A e triunfo do B. O Infantil A caeu na súa visita ao Sálvora, nun partido que acabou con vitoria local por 5-2. Pola súa banda, o B goleou ao Cire Melide na casa por 11-3, resultado co que manteñen a quinta praza na táboa. O Alevín para perdeu o derbi contra o Conxo por 0-3; mentres que o B gañou ao Villestro por 1-5 e segue segundo clasificado, empatado co líder.

Por último, o Benxamín perdeu contra o Amio por 5-0.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.