Catro partidos para a fin de semana

7 de Decembro de 2017
Equipo Benxamín.
Equipo Benxamín.

Santiago de Compostela, a 7 de Decembro de 2017.

A fin de semana da ponte da Constitución déixanos tan só catro partidos para as categorías inferiores da SD Compostela. Do mesmo xeito que o primeiro equipo, algúns dos conxuntos da base descansarán esta xornada, aínda que por diferentes motivos. O Infantil B, Alevín A e Alevín B descansan, no caso do segundo pola retirada da competición do SR Calo, mentres que o Infantil A e o Benxamín xa xogaron onte os seus encontros e ambos perderon.

O Zona Vella tentará volver sumar algún punto na súa visita ao Municipal de Loxo (Touro) para enfrontarse ao conxunto local, a SD Touro, o domingo ás 16.15 horas.

En categoría xuvenil, os dous conxuntos están a desexar competir para manter vivas as súas xeiras positivas. O equipo de Nacional recibirá a visita do CD Lérez, pechacancelas da liga, o sábado ás 16.00 horas en As Cancelas. Pola súa banda, o B enfrontarase ao CF Noia, o sábado á mesma hora pero no Anexo ao Municipal de San Lázaro de Noia.

O cuarto en xogar será o Cadete, quen se enfrontará en As Cancelas ao Atlético Fátima. A partir das 10.30 horas da mañá desexan repetir a xesta conseguida polo xuvenil ante este mesmo equipo a semana pasada.

En canto aos partidos de onte, o Infantil A perdeu pola mínima contra o Milladoiro, 1-0. O tanto local chegou no minuto 6. Mentres que o benxamín foi goleado polo Escola Estrada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.