A SD Compostela ofrécese ao Apóstolo Santiago

6 de Decembro de 2017
A comitiva da SD Compostela co bispo.
A comitiva da SD Compostela co bispo. Foto: Amadeo Rey.
  • Directiva, corpo técnico, primeiro plantel e membros da canteira participaron na ofrenda.

Santiago de Compostela, ao 6 de decembro de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela realizou hoxe a tradicional ofrenda ao Apóstolo Santiago na Catedral santiaguesa. A entidade, da man do seu presidente, Antonio Quinteiro, solicitou o amparo de Santiago para lograr as metas desta tempada, nun acto ao que acudiron a directiva, corpo técnico e plantel do primeiro equipo ao completo, así como membros das categorías inferiores do cadro branquiazul.

O oficio arrincou ás doce da mañá, cos actos protocolarios. No medio da misa, impartida polo bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Don Jesús Fernández, o máximo dirixente do club dedicou unhas palabras ao Apóstolo. “Queremos pedirche o amparo para que estes mozos logren os seus obxectivos. Non só para o primeiro equipo, senón tamén para os membros da base, que levan con orgullo o teu nome e o do noso club, e para os afeccionados, sen o que non tería ningún sentido o noso esforzo”, declarou. Ademais, comprometeuse, en representación da directiva, levar con orgullo o nome de Santiago polos campos de Galicia e España e agradeceu a invitación á catedral.

Pola súa banda, o bispo confesou que “traballando en equipo, os talentos persoais multiplícanse e así os soños sempre son posibles”. Con isto en mente, Don Jesús pediu de corazón que ogallá o equipo logre as súas metas e felicitounos polo que levan traballado e conseguido.

Para clausurar o acto, os asistentes puideron gozar do botafumeiro en acción. Despois, o equipo da man do seu capitán, Mon Vives, e o seu adestrador,  Yago Iglesias, entregáronlle ao bispo, a modo de ofrenda, unha camiseta co número 25, polo día de Santiago, e co nome, “Ao patrón Santiago”, e unha bufanda do equipo, a cal colocou o presidente sobre os ombreiros do Apóstolo. Por último, realizaron unha foto conxunta no centro da capela.

O presidente colocando a bufanda sobre o Apóstolo. Foto: Amadeo Rey.
O presidente colocando a bufanda sobre o Apóstolo. Foto: Amadeo Rey.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa2️⃣ Mario Hermo3️⃣ Miguel Prado5️⃣ Jordan6️⃣ Damián8️⃣ Goris1️⃣4️⃣ SAMU ©️1️⃣9️⃣ Buba2️⃣0️⃣ Manu Rivas2️⃣1️⃣ Rosón2️⃣2️⃣ Uzal📸 Nacho Castaño #composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.