Campións de inverno con 42 puntos

17 de Decembro de 2017
Alex Ares foi un dos máis destacados dos nosos.
Alex Ares foi un dos máis destacados dos nosos.
  • O  Compos venceu por 1-2 no fortín de Santa Mariña.

  • Tomás Abelleira e Primo foron os goleadores branquiazuis.

  • Sétimo triunfo como visitantes para os nosos.

Santiago de Compostela, a 17 de Decembro de 2017.

Reto superado e o Compos pecha a primeira volta como primeiro clasificado. Os branquiazuis volveron demostrar o seu  poderío como visitantes no fortín de Santa Mariña para levar a sétima vitoria como visitantes da primeira parte do campionato, pechando o ano con 42 puntos.

A pesar de que o Choco só perdera un partido na súa casa, os nosos foron capaces de superalos cun tanto de Tomás Abelleira e outro de Primo, ambos no segundo tempo. Nos últimos minutos, os locais recortaron distancias co gol de Pablo Couñago, pero os tres puntos non se moveron do casilleiro visitante, que pecha así un magnífico inicio ligueiro.

Cun once moi similar ao de xornadas pasadas, o Compos saltaba a Santa Mariña coa intención de lograr tres puntos que lle permitisen seguir no máis alto. Coas gañas de ser un bloque sólido, os primeiros minutos foron moi igualados, con escasas ocasións para ambos os lados. A máis clara para os nosos, neste inicio, foi un disparo que se marchou alto de  Róber.

Con todo, os locais reaccionarían e terían a súa nun penalti cometido por Uña, pero aparecería Lucas para sacar unha gran man e evitar así que se adiantasen os locais.

Esta parada espoleou aínda máis aos nosos, quen se guiaban polo xogo de Álex Ares. O mediapunta, nunha internada pasada a media hora de xogo, estaría a piques de marcar o primeiro, pero Cortegoso despexou o disparo ao poste. Noutra internada súa, cedeu o balón a  Róber, pero o disparo deste foise alto. Para pechar a primeira a metade, os locais terían unha gran ocasión cun disparo raso desde a frontal que se foi por pouco.

A diferenza dos primeiros 45 minutos, a igualdade que imperaba no choque quebrantouse ao pouco da continuación. Aos tres minutos, Tomás Abelleira, que realizou outro gran partido de mediocentro, internouse na área e superou a Cortegoso para adiantar aos nosos. O pontevedrés, co seu segundo tanto da tempada, rompía a balanza a favor dos santiagueses, poñendo o partido máis de fronte.

Con todo, a tarefa non era sinxela ante un rival que o tentaba continuamente e que rozou o empate nun lanzamento que se foi preto do pau da portería de Lucas. Esta ocasión sería a máis clara dun Choco que vía como á media hora os branquiazuis marcaban o segundo. Rubén, coas pernas frescas tras entrar ao terreo de xogo, penetrou por banda e centrou para a chegada de Primo, quen culminou co pé a xogada, para asinar o seu oitavo gol do ano.

Co segundo tanto o partido adormentouse e, a pesar de que os locais recortaron diferenzas no 89 cun tanto de Pablo Couñago, a vitoria viaxaría, outra xornada máis, para terras santiaguesas.

Estes tres novos puntos permiten ao Compos rematar a primeira volta en primeira posición, superando a barreira dos corenta puntos e cun de vantaxe co segundo clasificado e seis co quinto. Culminouse así un gran inicio ligueiro que tocará referendar na segunda parte do campionato para alcanzar o noso soño.

FICHA TÉCNICA

1- CD Choco: Cortegoso; Javi, Lucas, Yago, Gándara; A. Suárez, Gabi Misa (Pablo Couñago, m.64); Marquitos (Vilas, m.74), Comis, Chiqui; e Ricar (Félix, m.64).

2- SD Compostela: Lucas, Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Mon, Tomás; Álex Ares (Alberto, m.85), Santi (Rubén, m.69), Róber; e Primo (Sobrido, m.89).

Goles: 0-1: Tomás, min.48; 0-2: Primo, min.74; 1-2: Pablo Couñago, min.89.

Árbitro: Lois Carro, colexio pontevedrés. Amoestou a Javi e A. Suárez, polos locais, e a Uña, Mon, Lucas e Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partido da décimo novena xornada de Liga de Terceira División disputado no campo de Santa Mariña ante 400 espectadores. Gran afluencia de público visitante.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🙌🫂 Esta tarde, entra con tempo ao Estadio para evitar colas e apoia aos nosos desde o primeiro minuto!!!Apertura do Despacho de Billetes e de Portas: 17:15 horasAcceso: Tribuna - 2 e 16 | Preferencia - 9 (dobre apertura)💪🩵🤍 A remontada comeza na bancada!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🤝 TEN - Tratamientos Ecológicos del Noroeste 🩵🤍✅ O transcendental duelo de play off desta tarde no Vero Boquete está patrocinado pola empresa ambiental🙌 No seu compromiso co territorio, apoio o noso proxecto e patrocina aos nosos porteiros🫂 Moitas grazas por estar aí!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Coa vosa forza, a pola remontada na nosa casa!!!🆚 @Atlético Arteixo 🕡 18:30 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🫂 O Vero Boquete ten que ser un fortín!!🙌 TODOS XUNTOS DESDE O INICIO!!!#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.