Presentación do partido solidario Xogamos por Santiago

18 de Decembro de 2017
Momento da presentación en El Corte Inglés.
Momento da presentación en El Corte Inglés.
  • O primeiro equipo xogará ás 19.00 horas en San Lázaro contra unha selección de novas promesas.

  • Para entrar ao estadio haberá que depositar 2 quilos de comida que serán destinados a Fundación Amigos de Galicia.

  • Desde xa se poden deixar os alimentos nas oficinas do club.

  • Patrocinan o evento Frinsa do Noroeste, Sancosa e El Corte Inglés, localización onde se presentou o evento.

Santiago de Compostela, ao 18 de decembro de 2017.

O salón de ámbito cultural de El Corte Inglés de Santiago foi a localización elixida pola Sociedade Deportiva Compostela para a presentación do partido solidario que disputarán este mércores contra unha selección internacional de novas promesas. O presidente do club estivo acompañado polos tamén organizadores do evento: Pati Branco, polo Corte Inglés, Ramiro Carregal, presidente de honra da Fundación Amigos de Galicia e xerente de Frinsa, e Emilio Santasmarinas, propietario de Sancosa.

O encontro deportivo, tal como explicaron na presentación, terá lugar o vindeiro mércores día 20 de decembro ás 19.00 horas no Estadio Municipal de San Lázaro. Antes, o xuvenil de Liga Nacional tamén xogará un amigable contra a selección xuvenil de Soccernauts, encontro que se disputará no campo da Merced, en Conxo.

Para entrar ao partido de San Lázaro contra a selección de Soccernauts, os asistentes deberán entregar dous quilos de alimentos non perecedoiros na porta do campo, os cales irán destinados ás familias en situación de vulnerabilidade que atende Fundación Amigos de Galicia na comarca de Santiago.

Ademais, segundo explicou o presidente Antonio Quinteiro, todos aqueles que o desexen xa poderán depositar os seus alimentos nas oficinas do club, no propio Estadio.

No que respecta á presentación, Pati Branco, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia, foi o encargado de presentar aos invitados, destacando o labor de interese xeral do Compos, polo que queren “converter esta iniciativa nun eco, para que concentre moita xente en San Lázaro, gozando do encontro deportivo, pero cun afán solidario”. Para finalizar, destacou que a entidade fará a súa propia achega.

A continuación, o Presidente da SD Compostela explicou os detalles do encontro, comentando que a selección á que se enfrontan está repleta de novas promesas que buscan un oco no fútbol nacional. O máximo dirixente, en nome do club, apuntou que “é unha honra que se fixen en nós como club referente en Galicia para albergar un partido deste calibre, así como a colaboración con Amigos de Galicia”.

Por iso, Antonio Quinteiro convidou a todo o mundo a asistir ao partido solidario, axudando nesta causa benéfica. “Fago un chamamento a todo o afeccionado de Santiago e comarca que nos acompañen neste partido solidario e iso é o que máis interesa neste momento”, dixo. Por último, agradeceu a El Corte Inglés, Frinsa e Sancosa a colaboración neste encontro, así como ao concello, pola cesión dos espazos públicos para a realización destes partidos.

Pola súa banda, Ramiro Carregal, Presidente de Honra da Fundación Amigos de Galicia e propietario de Frinsa, destacou a importancia de que a xente se solidarice máis que nunca con este tipo de eventos deportivos, xa que cada vez son máis as familias que se atopan en situación de vulnerabilidade. Con este fin, a Fundación situará un camión en San Lázaro o día do partido para recoller todos os alimentos que se recaden.

Ademais, comentou que é un orgullo colaborar con iniciativas deportivas, sobre todo cando está por medio o deporte rei, o fútbol.

Por último, Emilio Santasmarinas, propietario de Sancosa, resaltou durante a presentación que “son as empresas as que teñen que colaborar con este tipo de causas e desexou que acuda a maior cantidade posible de xente a este evento benéfico”.

Por tanto, todas as entidades queren convidar á cidadanía para asistir a un evento onde poderán ver un gran fútbol, co campión de inverno da Terceira División e un combinado internacional, así como colaborar cunha gran causa, como é a doazón de alimentos ás persoas máis necesitadas que realiza a Fundación Amigos de Galicia.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🩵🤍 Compos e Zico recuperan 30 anos despois a camiseta máis icónica da historia do club👉 Edición limitada de 1⃣0⃣0⃣ unidades da emblemática elástica dos nosos anos na 1ª División⚽️ Este domingo, lanzamento exclusivo a 60€ para abonados✍️ sdcompostela.com/gl/2026/06/12/compos-zico-historia-camiseta/🏟️ Ademais, tamén se poderá adquirir a bufanda por 10€ e o balón vintage de coiro edición limitada 1962 por 25€👉 Estas promocións só estarán dispoñibles no punto habilitado na bancada de Tribuna durante o partido fronte ao CF BadalonaEn caso de non esgotarse durante esta fase exclusiva, as unidades restantes poranse á venta o luns, na tenda oficial, a 75€#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
🎤 Palabra de capitán!!👉🩵🤍 Este domingo non faltes, sodes a nosa forza!!!O voso apoio vai ser fundamental para sacar o mellor resultado na ida desta finalísima!!! 🙌🙌🙌Entre todos, a polo ascenso!!!Merca a túa entrada na Oficina, na Tenda, Online ou o domingo no despacho de billetes!!! 🎫👉 E se eres abonado, recorda que tes ata mañá ás 15:00 horas para sacar a túa entrada e, se o desexas, a do teu acompañante#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 +2⃣.0⃣0⃣0⃣ entradas retiradas para este domingo👉 RECORDA, mañá ás 15:00h remata o prazo para as entradas de abonados (tanto a propia do abono como se desexas retirar unha para un acompañante)Podes facelo na Oficina, na Tenda ou online🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/💪 Non quedes sen a túa entrada!!! O Vero Boquete ten que ser un fortín!!!📸 Nacho Castaño #composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
𝑁𝑜𝑛 ℎ𝑎𝑖 𝑑𝑜𝑢𝑠 𝑠𝑒𝑛 𝑡𝑟𝑒𝑠...Repetimos este domingo, Armental??📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.