O xuvenil Nacional segue coa súa xeira e dobrete dos infantís

19 de Decembro de 2017
  • Cuarta semana consecutiva positiva para o equipo de Marcos  Donnici.

Santiago de Compostela, ao 18 de decembro de 2017.

A xornada do sábado para as categorías inferiores pechouse con tres vitorias, a do xuvenil na visita a Boiro e a dos dous infantís, contra a Escola de Fútbol de Boqueixón e a Escola de Fútbol de Silleda, respectivamente.

En primeiro lugar, o Zona Vella volveu xogar tralo parón polo temporal, pero viuse superado no seu feudo polo Montaos. Os visitantes estiveron sempre por diante no marcador, e a pesar de que Javi Varela recortou diferenzas na segunda metade, o Montaos sentenciou ao final do choque.

O xuvenil Nacional, tras superar a semana pasada ao CD Lérez volveu marcar catro tantos para sumar tres novos puntos. Os pupilos de Donnici comezaron moi fortes o choque e aos  treinte minutos xa ían gañando cun dobrete de Yago Torrente. Antes do descanso, o Boiro recortaría distancias, pero na segunda metade Marcos Mella e Darío Gontán ampliarían as diferenzas. Con este resultado, o equipo ascende á nóvena praza da clasificación.

En canto ao xuvenil B e o cadete ambos sufriron idéntico resultado e contra o mesmo equipo. O primeiro en casa e o segundo fóra perderon por 0-6 contra o EFM Concello de Boiro.

O Infantil A recuperou a confianza cunha gran goleada por 9-3 ante a Escola de Fútbol de Boqueixón. Desde o comezo, os branquiazuis demostraron a súa superioridade, colocándose cun seis a cero a favor á media hora. Na segunda parte o partido igualaríase.

Pola súa banda, o Infantil B deu un golpe de autoridade na mesa ao superar ao EF Silleda, primeiro clasificado da súa liga ata esta xornada. Os branquiazuis foron por diante no marcador desde o inicio, non baixando a diferenza de dous goles desde o minuto 38.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

59 minutes ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.