Duro envite para comezar o ano novo

5 de Xaneiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=z_71FGvX5H4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos visita ao cuarto clasificado, ao que lle gañou na primeira volta por 4-1.

  • O Silva só perdeu na Grela 1 contra o Bergantiños.

Santiago de Compostela, a 5 de Xaneiro de 2018.

Chegou a hora da verdade para a SD Compostela. Tras pechar unha gran primeira volta con 42 puntos, os branquiazuis queren manter a súa boa dinámica para achegalos a lograr o seu soño. Para iso, comezará cunha gran pedra de toque, xa que se enfrontarán na Grela 1 ao Club Silva SD, un rival directo polo playoff.

As dimensións do terreo de xogo da Grela, así como o estilo futbolístico dos locais non son os que mellor conxugan coa filosofía santiaguesa, aínda que este non será un inconveniente para uns xogadores branquiazuis que chegan coas pilas cargadas e con moitas ganas de igualar ou mesmo mellorar o logrado na primeira parte do campionato.

Outro factor en contra dos nosos serán as baixas importantes de Mon e Uña, dous xogadores que “son de moita altura, dan moita presenza física e contundencia defensiva”, comentou Yago Iglesias. E é que, desde o corpo técnico, agardan “un encontro bronco, parado e con moita situacións de balón detido”. Por todo isto, conciben que “non será para nada parecido ao da primeira xornada en San Lázaro”.

Este tipo de fútbol tamén lles obrigará a estar moi concentrados, lección ben aprendida do ano pasado, cando o Silva gañou por 2-0, con dúas xogadas de saque de banda. Con todo, o Compos deste ano “ten variantes para este estilo de xogo”, explica o seu técnico e amplía: “Fomos a campos como o do Barbadás, Bergantiños ou Villalonga, nos que tivemos que poñernos o mono de traballo, e sacámolos adiante, e este non será diferente”.

O equipo está máis que convencido do partido que hai que facer e sabe que a esixencia é máxima, di Yago, por varios condicionantes: “A primeira por ser o Compostela, a segunda polos 42 puntos da primeira volta, unha cifra desorbitada para unha competición tan igualada como a Terceira Galega, e terceiro polo rival, un enfrontamento directo”. Esta situación provoca que “todos estean coas orellas de punta”.

Así, a pesar de que teñen claro que o Silva é moito máis maduro que na primeira xornada de Liga e que no seu campo son moi difíciles de superar -só gañou na Grela o Bergantiños-, o equipo soña con superar un novo reto para “alongar a xeira, sumando de tres e seguindo coa imaxe do Compostela neste tipo de campos”, sentenciou o técnico.

A tarefa non será sinxela, pero o equipo confía en superar esta dura proba. Os xogadores están moi metidos e convencidos de que a tarefa é posible. Queren comezar con bo pé a segunda volta para achegarse un pouco máis ao noso soño. O Silva na Grela 1 será o primeiro escollo para lograr este obxectivo.

CONVOCATORIA

Lorenzo, Lucas; Sergio Pereira, Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu, Alberto Freire, Tomás, Álex Ares, Róber, Rubén; Sobrido, Santi e Primo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥▶️ Os nosos comezarán os adestramentos o próximo luns 21 de xullo⚽️🕙 A primeira sesión será ás 10.00 horas no San Lázaro II🏟️🙌 Recorda que o mércores 23 xa teremos o primeiro amigable, no Vero Boquete, ante o Real Club Deportivo de La Coruña 📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎟️ MERCA a túa entrada ou accede co teu abono a este gran encontro na nosa casa📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.