Incrible vitoria do líder cun Primo excepcional

7 de Xaneiro de 2018
Momento do saúdo inicial entre ambos conxuntos.
Momento do saúdo inicial entre ambos conxuntos.
  • O dianteiro cántabro anotou un hat trick e xa leva 11 goles en Liga.

  • O Compos amplía a diferenza co Silva a oito puntos.

Santiago de Compostela, a 7 de Xaneiro de 2018.

Novo ano pero iguais sensacións. A SD Compostela segue imparable na súa andaina pola Terceira División e este domingo non fixo máis que referendalo. O equipo branquiazul superou por 1-3 ao Club Silva SD, cuarto clasificado ata a data e que só perdera un partido no difícil campo da Grela 1.

Un hat trick de Primo, que xa suma 11 goles no que vai de tempada, serviulle ao Compos para sumar tres novos puntos que o afianzan no alto da táboa con 45, oito máis xa que o rival desta mañá.

A SD Compostela desta tempada ten outra cara fóra da casa respecto do curso pasado. O equipo branquiazul séntese ben nos partidos disputados en campos pequenos. A partir dunha gran seriedade defensiva, aproveita a calidade dos homes de ataque para sacar goles que complican a vida aos conxuntos locais.

Na Grela 1, a pesar de non contar nin con Uña nin con Mon, dous xogadores excepcionais para este tipo de encontros, e enfrontarse a un duro rival como é o Club Silva SD, o  Compos saíu coas ideas moi claras e coa firme intención de sacar un resultado positivo.

Así, nada máis comezar o encontro, Samu tería a primeira cun disparo desde a frontal que saíu rozando o pau da portería local. A esta ocasión reaccionaron os locais cunha boa volea de Cañi que sacou Lucas a córner, pero sería un espellismo, xa que á media hora chegaba o primeiro tanto do encontro.

Contraataque perfecto dos nosos que guiou Álex Ares, abriu á banda dereita para Samu, o mediocentro centrou para a entrada de Primo e o cántabro, tras regatear a David Gómez, marcaba a pracer.

O tanto era a rúbrica ás intencións do Compos e con el tranquilizou o final do primeiro período. Neses últimos minutos, ningún dos dous porteiros tivo que empregarse e así se chegou ao tempo de descanso.

Á volta dos vestiarios mantívose a tónica dos últimos compases da primeira. As ocasións eran escasas e, deste xeito, a primeira a citar foi unha caída de Primo dentro da área que reclamaron moito os nosos pero que a colexiada non sinalou.

Esta tranquilidade aparente rompeuse en dous minutos de tolemia. No 70, tras roubo de balón, Tomás avanzou, abriu para Róber, quen chegou ata a liña de fondo e centrou de forma excepcional para a entrada de Primo para que empuxase o esférico ao fondo da rede. Con todo, responderon de inmediato os locais, recortando diferenzas no marcador cun bo remate de Movilla.

Este tanto local non inquietou aos santiagueses e así foi como un Primo en estado de graza, tras rematar primeiro fóra no segundo pau, non perdoaría á segunda. Samu botou a falta, Tomás peiteouna e o dianteiro cántabro apareceu para mandar de novo o balón ao fondo da rede, pechando así o seu particular hat trick. Foi a sentenza.

Ata o final o equipo branquiazul xa non pasaría ningún tipo de perigo, favorecidos tamén pola expulsión por dobre amoestación de Toni Insúa, certificando deste xeito unha nova vitoria lonxe de San Lázaro, a oitava.

Con 45 puntos, o Compos afiánzase no alto da táboa clasificatoria e xa pensa no rival do próximo domingo, o CD Ribadumia, nun encontro que volverá disputarse na matinal do domingo, esta vez coas cámaras da TVG emitíndoo.

FICHA TÉCNICA

1- Club Silva SD: David Gómez; Toni Insúa, Lucas, Brais Lema, Jacobo (Pedrito, m.75); Michi Leal, Diego; Cañi, Real (Joao Paulo, m.55), Kata; e Movilla (Álex Matos, m.83).

3- SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu, Tomás (Rubén, m.88); Róber, Santi (Alberto, m.77), Álex Ares; e Primo (Sobrido, m.85).

Goles: 0-1: Primo, min.30; 0-2: Primo, min.70; 1-2: Movilla, min.72; 1-3: Primo, min.80.

Árbitro: Casal Fernández, colexio pontevedrés. Expulsou a Toni Insúa por dobre amarela. Ademais, amoestou a Michi Leal, Cañi, Joao Paulo, Pedrito e Álex Matos, polos locais e a Cardeñosa e Santi Gegunde, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésima xornada de Liga de Terceira Division disputado no campo da Grela 1 ante 500 espectadores. Gran afluencia de público desde Santiago.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.