Álvaro Casas, xogador 5 Estrelas da Primeira Volta

10 de Xaneiro de 2018
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Juan Carlos García, Álvaro Casas e Manu Castiñeiras.
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Juan Carlos García, Álvaro Casas e Manu Castiñeiras.
  • O santiagués recibiu o premio no córner oficial, en Reizentolo, da man do xefe de vendas da zona norte de Galicia.

Santiago de Compostela, ao 10 de xaneiro de 2018.

Dentro da gran primeira volta realizada polo Compos con 42 puntos, a afección outorgou a Álvaro Casas o premio ao #Xogador5EstrellasCompos da primeira volta, galardón que o nomea como o futbolista máis destacado do equipo nesta primeira parte do campionato.

O mozo santiagués, que chegou este verán procedente do Oviedo B, conquistou á afección branquiazul coas súas grandes actuacións ao longo do que vai de ano. Nestas 19 xornadas, Álvaro só se perdeu 22 minutos, sendo a peza máis utilizada por Yago Iglesias. Neste tempo xogou tanto de mediocentro como de central, demostando desta maneira a súa polivalencia.

Esta mañá, no córner oficial da SD Compostela, en Reizentolo (Rúa do Vilar 43), o santiagués recibiu o premio da man de Juan Carlos García, xefe de ventas da zona norte de Mahou. No acto tamén estiveron presentes Javier Puñal, director de márketing do club, e Manu Castiñeiras, director deportivo da entidade.

Tras recoller o galardón, Álvaro Casas quixo destacar que este é un premio que demostra o valor do colectivo. Non quixo darlle maior importancia no que ao seu rendemento se refire, pero si que se sente orgulloso de que a afección o valore tan ben, aínda que sabe que os amigos e familiares influenciaron na votación.

No plano deportivo, Álvaro aclarou que aínda “queda un mundo” e por iso “a filosofía de ir semana a semana é a que debemos seguir. Se sumamos de tres este domingo daremos un pasiño máis para achegarnos ao obxectivo”, explicou.

Este gran rendemento vén acompañado de grandes actuacións de visitantes, onde o Compos suma xa oito vitorias. “Estamos cómodos fóra. A idea é a mesma, pero cun par de retoques polo campo, como o outro día. Ao final é sumar e se volves cos tres puntos de campos como A Grela, Bergantiños ou Barbadás, dáche un gran colchón”, comentou.

En canto á súa posición, Álvaro vese “onde me necesite o míster” e detallou: “Polas sancións e as lesións de dous dos mellores centrais da categoría acabei aí, pero agora estamos todos e non sei en que posición me utilizará o míster. No medio está a traballar moi ben Mon, Tomás…Samu fixo un partidazo o domingo, está moi caro xogar neste Compos”.

Ao seu gran rendemento tamén vén influenciado pola comodidade que lle achega a SD Compostela. “Estou na miña casa e se a iso lle sumas que no deportivo vai ben e que o grupo humano é ideal, máis non se pode pedir”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
📋⚽️ Carlos de Lerma1️⃣ Edu Sousa2️⃣ Mario Hermo3️⃣ Miguel Prado5️⃣ Jordan6️⃣ Damián8️⃣ Goris1️⃣4️⃣ SAMU ©️1️⃣9️⃣ Buba2️⃣0️⃣ Manu Rivas2️⃣1️⃣ Rosón2️⃣2️⃣ Uzal📸 Nacho Castaño #composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.