Semana de regreso para as categorías inferiores

11 de Xaneiro de 2018
  • Os dous xuvenís e o Cadete queren continuar coas boas sensacións deste novo ano.

  • O Alevín A e o Benxamín arrincan os seus playoffs de descenso.

Santiago de Compostela, ao 11 de xaneiro de 2018.

Tras unha primeira toma de contacto coa competición na fin de semana de reis, os equipos das categorías inferiores da SD Compostela volven á acción nesta segunda semana do mes de xaneiro. Será unha xornada cargada de partidos, repartidos entre o sábado e a matinal do domingo, coincidindo algúns deles co encontro do primeiro equipo contra o CD Ribadumia.

Cunha xeira moi boa, o equipo xuvenil de Liga Nacional quere seguir escalando na táboa, onde se sitúa sexto, e para iso quere superar ao rival que o precede na táboa. A primeira xornada da segunda volta enfrontará aos mozos adestrados por Marcos Donnici contra o Rácing de Ferrol, nun encontro que se xogará o sábado ás 16.00 horas no Municipal das Cancelas.

Á mesma hora, pero no Municipal de Brión, saltará ao campo o Xuvenil B que quere manter a inercia deste novo ano contra a UD Bastavales e romper co mal resultado da primeira volta contra este mesmo rival.

Do mesmo xeito que os anteriores, o Cadete tamén quere aproveitar as boas sensacións da vitoria da semana pasada para sumar de novo de tres contra o Ulla Pontecesures. O partido xogarase o domingo ás 10.00 horas no campo da Merced, en Conxo.

Un dos que debuta este sábado o novo ano é o Infantil A, quen se enfrontará ao ED Val Do Ulla no campo do Coto, o sábado ás 12.30 horas. Mentres, o equipo B xogará o domingo na Merced, ás 12.00 horas, contra a SD Cruces.

En alevíns, o A arrinca o playoff de descenso enfrontándose á Escola Deportiva Santiago, o domingo ás 13.00 horas en As Cancelas, e o B segue a súa Liga cun encontro contra a SD Cacheiras, o sábado ás 10.00 horas no campo de Santa Isabel.

Por último, o Benxamín tamén arrinca o seu playoff de descenso contra o Amio SD. O partido xogarase o sábado ás 11.00 horas no Municipal de As Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.