Regreso a San Lázaro para buscar un récord

12 de Xaneiro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/jQBlSE5B7yA” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Os branquiazuis queren lograr a sexta vitoria consecutiva.

  • O partido da primeira volta acabou con triunfo santiagués por 3-4.

Santiago de Compostela, a 12 de xaneiro de 2018.

Despois de máis dun mes sen pisalo, a SD Compostela regresa ao seu fortín. Este domingo volverá saltar ao tapete de San Lázaro para enfrontarse ao CD Ribadumia. Mediranse dous conxuntos que practican un fútbol similar e que chegan con boas xeiras de resultados. O Compos pode lograr un récord que data do último ascenso, alcanzando seis vitorias consecutivas, mentres que os aurinegros sacaron os seis últimos puntos, tras superar na Senra ao CD Boiro e á UD Barbadás.

A pesar de ser un dos peores conxuntos de visitantes, o Ribadumia é un conxunto moi perigoso como xa demostrou na primeira volta, cando puxo contra as cordas ao actual líder da clasificación. O duelo terminou con triunfo visitante por 3-4, despois de que Róber  desempatase o encontro nos últimos instantes do mesmo.

Esta experiencia leva ao corpo técnico a tomar precaucións de cara ao enfrontamento deste domingo. “É un rival complicado e a pesar da súa clasificación ten moito potencial e as últimas xornadas están a demostralo”, explica Yago Iglesias. Este último aspecto é un condicionante para ter en conta xa que “virán a San Lázaro a realizar o seu partido, a gozar e sen ningunha presión e iso pódelles axudar”.

Segundo o técnico santiagués, o rival é un conxunto que “tenta facer un fútbol alegre e vistoso, con xente no medio de calidade como Fandiño ou Gabi e arriba están pendentes das evolucións de Hugo Soto, un dianteiro contrastado na categoría e que xa nos marcou na Senra”, explicou.

Con todo, o adestrador asegurou que “temos que centrarnos en seguir puntuando de tres, tendo boas sensacións co noso xogo e sobre todo na casa”. Ademais, cita que a emisión do encontro pola TVG2 debe ser un aliciente para os xogadores, aínda que supoña ter que xogar de mañá. “A semana pasada foi moi ben e queremos que este domingo sexa o mesmo. É bonito xogar a esta hora e permítenos ter a tarde libre para ver a outros rivais”, analizou Yago.

Para o encontro, a pesar de que adestrou con todos os efectivos pola semana, non poderá contar con Álex Ares, baixa de última hora por unha amigdalite. O resto esperarán ao domingo para saber se terán a súa oportunidade.

Os once que salten ao campo e os que entren de refresco buscarán esta sexta vitoria para contentar de novo á afección branquiazul. Será un novo reto para estrear o ano no fortín de San Lázaro.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.