Sexta vitoria consecutiva no fortín de San Lázaro

14 de Xaneiro de 2018
Momento do partido patrocinado por Carpintería González disputado esta mañá en San Lázaro.
Momento do partido patrocinado por Carpintería González disputado esta mañá en San Lázaro.
  • O Compos volveu mostrar a súa mellor cara no seu estadio.

  • Santi, Róber e Primo foron os goleadores locais.

Santiago de Compostela, a 14 de Xaneiro de 2018.

O Compos segue imparable e alcanzou a sexta vitoria consecutiva tras gañar por 3-0 ao CD Ribadumia. O equipo branquiazul demostrou a súa superioridade sobre o tapete e levou o partido con claridade tras realizar un gran encontro.

Santi Gegunde, ao final da primeira metade, e Róber e Primo, na segunda, foron os goleadores dun Compos que suma outra vitoria en San Lázaro e que alcanza os 48 puntos.

Saíu o Compos de novo a San Lázaro, tras un mes e medio de parón, cun once moi similar ao da Grela e coa mesma idea de xogo. Xa desde o principio demostrou que quería levar o peso do encontro, aínda que un Ribadumia con pernas frescas plantáballe cara.

O duelo entre dous equipos ofensivos demostrouse no primeiro minuto. Nunha área Primo non culminaba o centro de Rubén e na outra Fandiño atopaba a Lucas no seu disparo.

Con todo, co pasos dos minutos o Compos foi levando o partido ao seu terreo e empezaría a ter as oportunidades máis claras. No minuto 14, Primo sacaba un pase de luxo para Rubén pero o extremo, que volvía hoxe ao once, mandou o balón ao pau no man a man. Na seguinte xogada, o esférico volvería dar no pau da meta de Iván Parada, despois de que o centro de Saro rebotase nun defensa.

Pasada a media hora, Iván Parada volvería ter protagonismo xa que nun intervalo de cinco minutos sacaría dous pés maxistrais. Na primeira tapou á perfección no man a man con Primo, tras asistencia de Tomás, e na segunda despexou o disparo de socato de Samu tras o centro raso de Rubén.

Con todo, a meta visitante non puido facer nada no primeiro tanto branquiazul, no minuto 44. Saro rouboulle a carteira ao rival, deixando só ante o porteiro a Primo quen, xeneroso, cedeu para a entrada de Santi que marcou a portaría baleira. Era a rúbrica ao dominio deste primeiro tempo.

Á volta dos vestiarios, aínda que o partido estaba máis parado, a tónica seguiu sendo a mesma. Así, antes de chegar ao minuto 20, o Compos certificaba a súa superioridade co segundo tanto do choque. Primo abriu á banda para Rubén, quen penetrou en velocidade e centrou raso, Santi tocouna e Róber, moi atento, remachou ao fondo da rede o balón solto.

O segundo tanto local animou a un Ribadumia que puido recortar distancias en tres claras oportunidades. Primeiro, Hugo Soto lanzou o balón á cepa do poste nun remate algo escorado e despois, nun dobre disparo de Hugo e Cerqueiras, Lucas e Álvaro Casas sacaban o balón baixo paus.

Tamén tivo o Compos as súas pero Iván Parada volveu demostrar a súa calidade en San Lázaro. En senllos mans a mans, sacou dous pés espectaculares ante Saro e Primo que permitiron ao Ribadumia manterse vivo.

A sentenza chegaría, con todo, no minuto 83. Un penalti cometido sobre Primo, tras unha contra rápida, foi transformado polo propio dianteiro, enganando por completo ao gardameta visitante.

Así se pecharía un encontro que permite ao Compos volver sumar de tres, deixando ademais a portaría a cero, dando un pasiño máis cara ao noso soño. O fortín de San Lázaro volveu ser vital para alcanzar esta marca. O vindeiro sábado tocará visitar ao Laracha.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu (Mon, m.63), Tomás, Róber (Diego Rey, m.69), Santi, Rubén (Sobrido, m.74); e Primo.

0- CD Ribadumia: Iván Parada; Santiago (Rodrigo, m.80), Miguel Ángel, Bugallo, Iván Renda; Pablo Mota (Daniel Santiago, m.72), Gabi; Fran Fandiño (David Gómez, m.83), Jose Filgueira, Rubén Cerqueiras; e Hugo Soto.

Goles: 1-0: Santi Gegunde, min.44; 2-0: Róber, min.64; 3-0: Primo, min.83.

Árbitro: Del Río Amor, colexio coruñés. Expulsou con vermella directa a Yago Igrexas (m.54) e Cerqueiras (m.88). Ademais, amoestou a Samu, Tomás e Álvaro Casas polos locais e a Pablo Mota e Daniel Santiago polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo primeira xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 700 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
✍️𝐌𝐚𝐧𝐞𝐥 𝐌𝐞𝐧é𝐧𝐝𝐞𝐳, novo adestrador da SD Compostela!!!💪 O técnico, coñecedor da categoría e con gran experiencia no fútbol profesional, chega ao Compos tras tres grandes campañas no Marino!!! ✍️ bit.ly/FichaxeManelCompos 💙 Benvido a Compostela, Manel!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.