Un empate nunha xornada atípica

12 de Febreiro de 2018
  • O Xuvenil Nacional volveu sumar un punto por cuarta xornada consecutiva

Santiago de Compostela, a 12 de Febreiro de 2018.

A fin de semana de entroidos deparounos unha xornada moi reducida entre as categorías inferiores, na que só xogaron os conxuntos de maior idade. Nos cinco encontros disputados, tan só o Xuvenil Nacional foi capaz de sumar algún punto.

En primeiro lugar, o Zona Vella caeu por 1-2 contra o Cire Melide, terceiro clasificado, a pesar de que se foi con vantaxe ao descanso grazas ao tanto de Fer Carro. Os visitantes déronlle a volta ao marcador no segundo acto evitando que o filial escalase postos na táboa.

O Xuvenil Nacional segue instalado na súa dinámica de empates e este domingo igualou a cero goles na súa visita ao Coruxo. Os branquiazuis non foron capaces de mover o marcador a pesar de contar con algunha oportunidade. Co resultado, seguen instalados en metade de táboa.

Pola súa banda, o Xuvenil B perdeu dúas posicións despois de verse superado polo Escola Estrada. O partido acabou con triunfo local por tres tantos a cero.

Instalados nunha xeira, no seu caso mala, está tamén o equipo cadete. Esta vez perdeu por 1-3 ante o Milladoiro, terceiro clasificado da categoría. Jaime Álvarez foi o autor do gol local.

Por último, o Infantil A complicoulle a vida ao líder, o EF Lalín, pero acabou sucumbindo ante a efectividade dos visitantes. O conxunto do Deza gañou por 4-7.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composourenseO técnico do Compos analizou a derrota no derbi, nun encontro no que os nosos, como valorou o adestrador, non estiveron finos no último terzo do campo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Ourense CFHoxe non foi o día! Ráchase a xeira de encontros sen perderGRAZAS AFECCIÓN por apoiarnos ata o final, pese ao resultado 👥🩵🤍📸 Nacho Castaño#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Ourense CF Tempo de lecer tras unha primeira parte de moito control, pero sen grandes oportunidades📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🥇🚴‍♀️ Esta tarde homenaxeamos a Alejandra NeiraA campioa do Mundo 🌈 en Ruta e de Europa 🇪🇺 en CRI fixo o saque de honra no derbiMoitos parabéns, Alejandra! 👏📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Ourense CF 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.