Vitoria axustada para selar unha marca histórica

11 de Febreiro de 2018
Momento de loita no partido contra o Barbadás, patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.
Momento de loita no partido contra o Barbadás, patrocinado por Ulla Oil. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos sumou o seu décimo triunfo consecutivo, igualando unha marca de hai 50 anos.

  • Róber foi o autor do tanto que deu o triunfo aos branquiazuis.

Santiago de Compostela, a 11 de febreiro de 2018.

Con sufrimento ata o final, pero o Compos fixo historia hoxe en San Lázaro. Os pupilos de Yago Iglesias sumaron o seu décimo triunfo consecutivo nun partido moi complicado no que dominaron de principio a fin e que levaron por un tanto a cero.

O gol de Róber no minuto 3 foi decisivo ao cabo para que os tres puntos quedasen en San Lázaro. O mediapunta aproveitou a xogada de Diego Rey para selar unha nova vitoria dos nosos.

Falaba Yago Iglesias na previa de que o equipo debía saír coas orellas de punta e os xogadores non se puideron tomar máis ao pé da letra as súas palabras. Os branquiazuis saíron a por todas e no minuto 3 xa estaban por diante no marcador.

Diego Rey, que debutou hoxe por primeira vez de titular, fixo unha xogada mestra, regateando a todos desde un lado ao outra da área, realizou unha parede con Álex Ares e serviu atrás para a entrada de Róber que rematou coa súa perna dereita ao fondo da rede.

Puxéronse as cousas moi de cara desde un inicio, pero esta circunstancia non afectou o cadro visitante, moi seguro na súa formulación. O Compos tiña a pelota pero custáballe xerar perigo ante un Barbadás moi ben estruturado. Aínda así, as ocasións acabaron chegando e só a gran actuación de Rui e a falta de acerto nos metros finais impediron que se aumentase a renda.

Diego Rey foi un puñal pola banda e a partir das súas arrancadas chegaron as dúas máis claras. Un tiro de Róber, moi similar ao gol, que se foi rozando o pau tras tocar nun defensa, e un golpeo forte de Álex Ares, tras unha xogada combinada, que despexou forte o porteiro visitante.

A dinámica dominadora local seguiu á saída dos vestiarios, con todo, as chegadas á liña de fondo dos branquiazuis non atoparon rematador e isto fixo reaccionar aos visitantes. Así, o Barbadás tería dúas claras oportunidades ao dez minutos de comezar o segundo tempo. Primeiro Marcos lanzou fóra un centro raso de Cabanyes e despois Lucas despexou a córner un disparo forte de Caique.

A reacción visitante durou pouco xa que coa posesión e as chegadas de Saro por banda os santiagueses recuperaron a senda do partido. Álex Ares desperdiciou unha gran contra no 75, lanzando o balón arriba tras a cesión de Diego Rei e Primo, no 86, atopou a Rui nun gran golpeo ao segundo pau tras recortar ao defensa.

Non sentenciou o Compos e tivo que sacar con sufrimento os centros perigos no desconto dun Barbadás que mandou a todo o mundo arriba. Con todo, o marcador non se moveu e o equipo branquiazul selou un novo triunfo, o décimo consecutivo na liga e o sexto en San Lázaro, que marca unha nova marca na historia da SD Compostela. Os tres puntos permiten aos nosos seguir unha semana máis no máis alto, achegándonos aínda máis ao noso soño, a unha semana de recibir ao segundo clasificado, o Bergantiños CF.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Sergio Pereira, Tomás, Mon; Róber (Sobrido, m.67), Álex Ares (Samu, m.88), Diego Rey (Rubén, m.79); e Primo.

0- UD Barbadás: Rui; Helder, Barragán, Quintairos, Toni; Juanito, Martín Torres (Jordi, m.46); Alberto (Marcos, m.46), Caique, Cabanyes; e Martín Fernández.

Goles: 1-0: Róber, min.3.

Árbitro: Iglesias Melón, comité vigués. Amoestou a Sergio Pereira, polos locais, e a Helder, Barragán e Juanito, polos visitantes.

Incidencias: Partido da vixésimo quinta xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 690 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🎅⚽ PARTICIPA ⚽🎅🏃‍♂️🎉 ¡Carreira de Papá Noel no descanso do partido contra o @realavila_oficial ! ✍️ Para participar, comenta etiquetando ao amigo/a co que che gustaría compartir carreira 🏟 ¡1 volta ao Vero Boquete! 8️⃣ participantes👕 O gañador levará a Camiseta Oficial do Compos🥳🎽 Inclúe o traxe de Papá Noel e o regalo dunha Bufanda do Compos🎟️ Inclúe entrada para o partido📢 Como participar?✅ Sigue a @ascancelas e @carrerapapanoelsantiago✅ Menciona a 1 amigo/a nos comentarios 👫🗓️ Dispoñible ata o venres ás 21:00 horas#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🎁🎟️ RECORDA 👉 cada Abonado (+16 anos) pode retirar unha INVITACIÓN para o partido deste domingo📲 Só dispoñible ONLINE✍️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 APOIA aos nosos na despedida do ano na nosa casa! 🩵🤍📸 Jesús Figueroa / Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Recorda que temos en marcha a Campaña de Abonos de Media Tempada⚽️ E que inclúe o partidazo deste domingo no Vero Boquete contra o Real Ávila CF 💻 Abónate e apoia aos nosos!👉 sdcompostela.compralaentrada.com #quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎯 A recuperar a senda da vitoria! 💪 Queremos o triunfo na nosa casa! 🩵🤍x16 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo 15/12🕠 17.30 horas🎅 Patrocinado por Centro Comercial As Cancelas 📺 En Xogo 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎁🎄 RECORDA, cada Abonado +16 anos pode retirar ONLINE unha invitación de balde para a súa mesma zona🚨⏰ OLLO! O partido moveuse ás 17.30h#composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Regreso aos adestramentos esta tarde co obxectivo de recuperar a boa senda de resultados⚽️ Cinco sesións para preparar o partidazo na nosa casa contra o Real Ávila CF #composrealávila ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.