A mala fortuna condena ao Compos en Areas

25 de Febreiro de 2018

Momento do tanto de cabeza de Diego Rey. Foto: Diego Rey.Momento do tanto de cabeza de Diego Rey. Foto: Diego Rey.

  • O Compos dominou o partido pero non foi capaz de superar a gran defensa local.

  • O encontro acabou con polémica e con tres expulsados no banco.

Santiago de Compostela, a 25 de febreiro de 2018.

Segundo tropezón de maneira consecutiva. O Compos viaxaba ao difícil campo da Lomba coa intención de quitarse a espiña do domingo pasado, pero non foi capaz de superar a un gran Cultural Areas, que aproveitou as súas escasas ocasións para levar os tres puntos.

Obama e Mintegui adiantaron aos locais por dúas veces, superando o tanto de Diego Rey para os nosos. Na segunda parte, os santiagueses anotarían outro gol pero o colexiado, a instancias do seu linier, anulouno por fóra de xogo.

O partido en Areas xa comezou con mal pé. Os locais, no seu primeiro córner, aproveitaron o gran centro para adiantarse no marcador. Obama alzouse entre todos os xogadores e anotou o primeiro tanto do encontro.

Con todo, o gol non cambiou o estilo visitante. O Compos, co balón, tentou chegar á portería, nun campo que non estaba nas súas mellores condicións. Primeiro, perdoou Primo no man a man contra Sergio, pero á segunda, os nosos xa non perdoaron.

Sergio Pereira centrou desde a banda e Diego Rey, saltando de cabeza no punto de penalti, marcou o empate cun gran testarazo.

O partido volvía á súa canle, pero a fortuna volveu sorrir aos pontareanos con outra diana na súa segunda aproximación á área, case chegando ao minuto 45. Un centro lateral dos locais era rematado ao fondo das mallas por Quico Mintegui. O dianteiro centro superaba a Lucas cun gran remate.

Con vantaxe no marcador para o Areas iríase o encontro ao descanso. Á volta dos mesmos, o Compos seguiu co seu plan de xogo, pero non atopou a meta nas súas continuas incursións na área.

Si acertaron a quince minutos para o final, pero o colexiado, a instancias do seu linier, anulou o tanto do empate para os visitantes. A polémica non acabou nesta xogada, xa que no desconto, o árbitro decidiu non sinalar nada ante a caída dun dos nosos dentro da área. A xogada foi moi protestada e por estas recriminacións acabarían expulsados Manu Castiñeiras e Álex Otero, que se unían a David Uña, ao que lle sacaran o cartón vermello por protestar o gol anulado.

Con este segundo tropezo, o Compos ve como o Bergantiños lle iguala na táboa, pero aínda quedan moitos encontros por diante para recuperar a boa senda. Para comezar, a próxima fin de semana tocará superar un gran reto contra a UD Somozas.

FICHA TÉCNICA:

2- CDC Areas: Sergio; Adi, Iván, Obama, Isi; Telmo, Ross; Canhoto (Mape, m.89), Yelco, Jorge Fernández (Dani, m.65); e Quico Mintegui (Rober Pastoriza, m.79).

1: SD Compostela: Lucas; Sergio, Cardeñosa, Casas, Naveira; Mon (Ube, m.63), Tomás; Santi (Rubén, m.75), Diego Rey (Álex Ares, m.53), Róber; e Primo.

Goles: 1-0: Obama, min.3; 1-1: Diego Rey, min.33; 2-1: Quico Mintegui, min.38.

Árbitro: Abel Bruzos, colexio lucense. Amoestou a Canhoto e Yelco, polos locais; e a Sergio Pereira, Tomás Abelleira, Primo, Mon, Ube, Róber e Rubén, polos visitantes. Ademais, expulsou no banco a David Uña (m.80), Manu Castiñeiras (m.89) e Álex Otero (m.89).

Incidencias: Partido da vixésimo sétima xornada de Liga da Terceira División disputado no campo municipal da Lomba ante 500 espectadores. Gran afluencia de seguidores branquiazuis.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.