Xornada espectacular para as categorías inferiores

26 de Febreiro de 2018
O Alevín B coa súa nova equipación, patrocinada por Míguez Cutrín.
O Alevín B coa súa nova equipación, patrocinada por Míguez Cutrín.
  • A fin de semana pechouse con seis triunfos, destacando o dobrete dos infantís e o segundo triunfo do benxamín.

Santiago de Compostela, a 26 de Febreiro de 2018.

Gran xornada para as categorías inferiores. Dos oito conxuntos en liza, seis deles sumaron os tres puntos, aos que se uniron un empate e unha única derrota. Destacan os triunfos dos dous equipos que están no playoff, o Alevín A e o Benxamín, e o dobrete acadado polos infantís.

En primeiro lugar, o filial branquiazul volveu á senda do triunfo tras superar pola mínima ao Bandeira en Santa Isabel. O Zona Vella logrou os tres puntos grazas ao dobrete de Pedro Leis, anotando o segundo tanto cando apenas faltaban quince minutos para o asubío final.

En xuvenís, descansou o de Liga Nacional, pero xogou o B, quen tras un magnífico encontro superou ao Peleteiro por 4-1. Na primeira metade, Schadrac Lonji e Marcos Andrade abriron diferenzas e na segunda Xosé Carlos González e Grigore Barbascumpa pecharon a clara vantaxe. Con este resultado, os branquiazuis seguen na pelexa polos postos de playoff.

Peor sorte tivo o cadete, único conxunto que foi derrotado. Na súa visita ao Villestro recibiu un contundente sete a un. O tanto para os nosos anotouno Alejandro Dopazo.

En categoría infantil, os nosos lograron un gran dobrete. O A superou ao CD Rois por 5-1, nun encontro que comezou igualado pero que co paso dos minutos os locais levaron ao seu terreo. Idéntico resultado cultivou o B, capaz de romper coa súa xeira de dous encontros sen gañar, contra o Vista Alegre. Os visitantes adiantáronse no marcador, pero os nosos déronlle a volta rapidamente, logrando finalmente un gran triunfo.

En alevíns, o A segue imparable no playoff e logrou o seu cuarto triunfo en cinco partidos. Esta vez superaron ao La Salle por 3-6, nun encontro que dominaron desde o minuto 1, cando anotaron o primeiro gol. Pola súa banda, o B igualou a un tanto na súa visita ao Conxo e segue no cuarto lugar da táboa.

Por último, o Benxamín logrou unha gran vitoria, segunda consecutiva, contra as Escolas Deportivas do Arzúa. O partido comezou de forma excepcional para os branquiazuis, capaces de colocarse cun 2-0 no primeiro tempo. Con todo, os visitantes lograrían empatar, condición que non afectou aos santiagueses capaces de marcar o terceiro nos últimos instantes. Con este resultado, os nosos seguen avanzando no playoff sumando xa seis puntos.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.