O Compos xa descansa pensando no duro choque contra o Somozas

2 de Marzo de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/O05IpjHmS08″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago Iglesias espera contar con Cardeñosa para o domingo.

  • O equipo quere volver á senda do triunfo tras dous tropezos.

Santiago de Compostela, a 2 de Marzo de 2018.

Observando como evoluciona o tempo, a SD Compostela agarda xa con ansias o choque do domingo ás 12.00 horas en San Lázaro que o enfrontará ante un dos galos da categoría, a UD Somozas. Mediranse o segundo clasificado, que loita por recuperar o liderado tras dous tropezos consecutivos, e o quinto, igualado a puntos co cuarto e que quere volver aos postos de playoff.

Definido por Yago Iglesias como un partido doutra categoría, os dous conxuntos contan nas súas filas con xogadores de superior nivel. Así, no partido de ida, xa se puido ver un encontro vibrante, de moito nivel, no que os branquiazuis levaron o triunfo por 1-3.

“É un equipo recentemente descendido que ten un potencial enorme e que se reforzou no mercado invernal con xogadores contrastados como Gonzalo ou Quique Cubas”, explicou Yago en rolda de prensa. Estes xogadores súmanse aos que xa había, xente da talla de Pacheco, Gerardo ou Jacobo, entre moitos outros.

Para medirse contra este duro rival, o adestrador ve ao vestiario ben, motivados tras o encontro do domingo pasado. “Acabamos o partido moi amolados, cunha gran impotencia, xa que o demos todo e por aspectos que non dependen de nós quedámonos sen premio, pero seguimos traballando igual, sendo os mesmos e queremos volver xa á senda da vitoria”, analizou Yago.

Para o encontro, o técnico non poderá contar, tras a cantidade de cartóns mostrados polo colexiado Abel Bruzos, nin con Róber nin conUña no campo e nin con Rodri, Manu Castiñeiras e Álex Otero no banco. Si poderá estar Primo, a noticia positiva da semana segundo apuntou o adestrador. Pola súa banda, Cardeñosa, que arrastra molestias nun xemelgo, será dúbida ata o último momento, aínda que Yago espera poder contar con el. De non ser o caso, o corpo técnico manexa diferentes alternativas para o posto.

Outro aspecto que estará no aire ata o domingo será o estado do terreo de xogo, polo que o técnico agarda que paren un pouco as choivas tan incesantes que caeron nas últimas horas e que lle dea tempo a secar ao céspede.

Ante as condicións que se atopen, o Compos vai saír a por todas a San Lázaro, tentando mostrar a súa mellor cara para volver sumar de tres. Para iso, esperan contar co apoio unánime do público, recuperando o fortín branquiazul.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
✅📋 CONVOCATORIA👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚 Coruxo FC👉 Os nosos para o derbi de mañá no Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.