Fin de semana de aparente calma

16 de Marzo de 2018
  • Os equipos volven competir tras os adiamentos da semana pasada

Santiago de Compostela, a 16 de Marzo de 2018

Os conxuntos das categorías inferiores da SD Compostela volven á competición este fin de semana tras o parón vivido a xornada anterior por culpa das condicións meteorolóxicas, as cales impediron a disputa de todos os encontros, a excepción do Alevín A. Así, os conxuntos branquiazuis desexan xa volver saltar ao campo e gozar co balón nos pés.

En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional visita ao Vitoria CF, o sábado ás 18.00 horas no campo da Grela 1. Será un duro choque no que os nosos esperan recuperar a senda do triunfo.

O xuvenil B, pola súa banda, terá que viaxar ao Lino – Balado, o sábado ás 18.00 horas, para enfrontarse a un dos galos da competición, o ED Xuventude Oroso.

En canto ao Cadete, os branquiazuis xogarán tamén contra ED Xuventude Oroso, aínda que no seu caso será de local. O partido comezará o domingo ás 10.00 horas no Municipal de As Cancelas, horario perfecto para irse a San Lázaro ao termo do mesmo.

En categoría infantil, o A xogará contra o Bertamiráns, no Municipal de Bertamiráns, o sábado ás 9.30 horas, mentres que o B xogará ás 12.45 horas, na Merced, contra as Escolas Deportivas do Arzúa.

En alevíns, o A quere manter a súa segunda posición no playoff tras o seu tropezo contra o líder e para iso tentará superar ao ED Santiago, o domingo ás 13.15 horas en campo da Barrosa. Pola súa banda, o B xogará contra o Vitoria FC o sábado ás 12.00 horas en As Cancelas.

Por último, o Benxamín desexa un novo triunfo contra o SD Villestro, o sábado ás 16.30 horas tamén en As Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.