Tres puntos máis para manter o liderado

18 de Marzo de 2018
Momento do partido contra o Céltiga, patrocinado por Kia Compostela Concesionario. Foto: Amadeo Rey.
Momento do partido contra o Céltiga, patrocinado por Kia Compostela Concesionario. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos sumou a vitoria contra o Céltiga nunha mañá chuviosa

  • O tanto de Primo no primeiro tempo marcou o partido

Santiago de Compostela, a 18 de marzo de 2018.

Unha nova mañá de felicidade nun día chuvioso. Así se define un novo triunfo do Compos na matinal do domingo contra o Céltiga. Os branquiazuis sumaron tres puntos máis para asegurar o liderado unha xornada máis, nun duro encontro que decantou o tanto de Primo no primeiro tempo.

A SD Compostela dominou o encontro de principio a fin e acabou levándose o partido por un só tanto, aínda que puido ampliar a vantaxe en numerosas ocasións que non acabaron no fondo das mallas.

A saída ao campo do Compos foi fulgurante. Aínda non corría o primeiro minuto de xogo e Manu Táboas xa tivera que despexar un tiro de Róber. Con todo, co paso dos minutos, o ritmo tranquilizouse ata un novo arreón local próximo á media hora de xogo.

Primeiro a defensa sacou in extremis un tiro de Róber, despois o extremo mandou rozando o traveseiro un centro de Naveira e á terceira chegou o gol. Nova acción do porriñés que encarou ao seu par, cedeu para Santi e, tras non poder controlala pola acción do defensa, o balón quedou solto no punto de penalti, zona pola que apareceu Primo para remachar o esférico ao fondo das mallas.

A vantaxe cultivada púidose ampliar no minuto 38 cun penalti sobre Primo de Táboas que o propio dianteiro encargouse de executar. Con todo, o lanzamento potente do dianteiro cántabro foise por encima do traveseiro.

Desaproveitou a pena máxima o Compos e tampouco foi capaz de acertar noutras dúas aproximacións antes do descanso, con tiros desde a frontal de Mon e Samu.

Á volta dos vestiarios, a tónica seguiu e aos dous minutos Róber mandou arriba unha nova acción á contra, na que se foi do seu defensor e pegoulle coa esquerda. Tamén a tivo Santi, nun centro de Naveira, pero o seu golpeo coa planta saíu rozando o pau. Si embocou Primo, a centro de Saro un minuto máis tarde, pero o árbitro anulouno por fóra de xogo no momento do centro.

No 71, tamén marcou Santi a pase de Róber, pero o linier volveu sinalar fóra de xogo e o tanto quedou anulado. Tamén a tivo Sobrido, no 83, nun man a man que se lle escapou por moi pouco. Ante a saída de Táboas, o extremo lanzouna ao carón pero non acertou cos tres paus.

Así, ante a falta de acerto nos últimos metros, o resultado xa non se moveu e o tres puntos volveron quedar, unha xornada máis, en San Lázaro. O Compos asegura así o primeiro posto antes dos encontros da tarde. Está claro que xogar de mañá séntalle ben ao equipo branquiazul. Para a semana tocará enfrontarse nun duro duelo contra o Arousa onde agardamos contar co apoio da nosa gran afección.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Álvaro Casas, David Uña, Naveira; Samu, Mon (Ube, m.63); Róber, Santi (Sobrido, m.71), Álex Ares (Rubén, m.88); e Primo.

0- Céltiga FC: Taboas; Paco (Marcos, m.89), Angelo, Capi, Cristian; Javi, Emilio (Phillip, m.74); Manu, Reigosa (Jonathan, m.88), Eloy; e Suso.

Goles: 1-0: Primo, min.28.

Árbitro: Ferreiro Méndez, comité lucense. Amoestou a Róber e Ube, polos locais; e a Javi, Emilio, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésima xornada de Liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 725 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeSIIIIII!!!! OS TRES PUNTOS SON NOSOS!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍REGRESAMOS AO LIDERADO!!! GRAZAS AFECCIÓN!!! UNHA VITORIA DE TODOS 🙌🙌🙌📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeTodos xuntos, co voso apoio, seguimos a pola vitoria ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.