Empate na Lomba para aumentar a renda no liderado

25 de Marzo de 2018
  • Samu conseguiu o tanto da igualada no segundo período.

Santiago de Compostela, a 25 de marzo de 2018.

Novo punto do Compos para seguir no máis alto da clasificación. Os nosos chegan ao parón de Semana Santa con catro de vantaxe sobre o Bergantiños, tras empatar 1-1 no complicado campo da Lomba contra o Arosa SC.

Os locais adiantáronse no marcador no primeiro tempo, pero a base de insistir, o empate acabou chegando cun tiro raso de Samu no segundo período, grazas ao cal os branquiazuis suman catro xornadas sen perder.

A SD Compostela saltou ao campo da Lomba coa mentalidade clara. Sabía que o reto era moi difícil, pero confiaba nas súas posibilidades. Con todo, a tarefa complicouse aínda máis ao cuarto de hora. O Arosa adiantouse no marcador por mediación de Javi Pazos. O pichichi da categoría aproveitou un centro á área de Julio Rei para rematar o balón ao fondo da rede no primeiro pau.

Co paso dos minutos, os nosos foron collendo o mando do partido e comezaron a chegar á meta de Lloves. Así, á media hora, a centro de Tomás, Primo estivo a piques de igualar o marcador. Con todo, o seu cabezazo foise ao pau.

Sete minutos máis tarde, Santi atopou a Lloves no seu disparo desde a frontal e no rexeite, Saro rematou fóra por moi pouco, xa que o balón saíu rozando o pau.

Cando mellor estaban os branquiazuis, o árbitro sinalou o descanso, pero á volta dos vestiarios, a tónica do encontro continuou. Os nosos tiñan a posesión e grazas a ela chegou o tanto do empate.

Xogada longa do Compos que se culminou cun tiro de Samu desde a frontal. Santi tocouna para Róber, o porriñés de punteira para Samu e o mediocentro, tras controlar, soltou un gran disparo raso potente ao que non puido chegar Lloves.

Coa igualada, o Compos seguiu percutindo na área local e, aínda que Sylla rematou arriba un centro desde a esquerda, a máis clara nesta fase tívoa Rubén nunha contra, pero o seu disparo foise por encima do traveseiro.

Cos trocos, o partido perdeu ritmo pero cada equipo aínda puido marcar un gol. Primeiro, Lucas despexou a córner un balón que se envenenou tras rebotar na perna de Yerai e despois Róber desperdiciou dous centros de Rubén. En primeira instancia escapóuselle o control, tras o pase atrás, e na segunda opción, o seu remate coa punteira marchouse pegado ao pau da meta de Lloves.

O marcador non se moveu e cada equipo levou un punto para a súa casa. O Compos conseguiu sumar nun campo moi complicado e ademais aumenta a vantaxe no liderado. Os nosos chegan ao parón de Semana Santa con catro puntos sobre o segundo e xa pensan no difícil partido da próxima xornada contra o Alondras.

FICHA TÉCNICA:

1- Arosa SC: Lloves; Batallón (Javi Matos, m.82), Rivas, Vitra, Marcos; Sidibé, Sergio Santos (Seva, m.65); Yerai (Carlos T., m.86), Julio Rei, Sylla; e Javi Pazos.

1- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu, Tomás (Mon, m.75); Róber, Santi (Diego Rey, m.61), Rubén (Álex Ares, m.82); e Primo.

Goles: 1-0: Javi Pazos; min.17; 1-1: Samu, min.59.

Árbitro: Pérez Prado, colexio vigués. Amoestou a Yerai e Vitra, polos locais, e a Álvaro Casas, Saro e Naveira, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo primeira xornada de Liga da Terceira División disputado no campo da Lomba ante 850 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario a nosa locomotora, Antón Guisande 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐀𝐧𝐭𝐨𝐧!! 💪 Que veñan acompañados de moitos goles, moita alegría e que o poidamos celebrar cun ascenso📸 @nacho ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos iniciaron hoxe a semana de traballo👉 Toca recuperar folgos e preparar a ida da finalísima do play off💪 Queremos comezar da mellor maneira esta nova rolda, co voso apoio dende a bancada!!!#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🎟️ NOVA PROMOCIÓN👉 Cada abonado adulto pode retirar unha entrada a maiores a 5€Esta promoción tamén está habilitada ata o venres ás 15:00 horas!!A forza de todos é fundamental para facer do Vero Boquete un fortín!!! 🏟️🩵🤍📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🙌🩵🤍 Xa está aberta a venta de entradas para a ida da final nacional do play off!!!𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬 (ata venres ás 15:00h)Xeral - 5€Menores de idade - Gratis (*OBRIGATORIO retirar invitación)𝐍𝐨𝐧 𝐀𝐛𝐨𝐧𝐚𝐝𝐨𝐬Xeral - 15€Menores de idade - 2€👉 As entradas poden retirarse desde xa na Oficina, na Tenda ou Online (leva gastos de xestión)🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 IMPORTANTE: O prezo para abonados é ata o venres 12 ás 15:00h. Pasado o prazo, o seu asento tamén quedará liberado para o público xeral📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, comezamos a fase definitiva do play off na nosa casa🫂 Necesitamos o apoio de todos para acadar o obxectivo🆚 CF Badalona⚽️ 𝐈𝐝𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 14/06🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ A partir das 15:00h, toda a ℹ️ sobre as entradas#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.