Duro encontro contra un local invicto

23 de Marzo de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/smtJT4tdHH4″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos enfróntase na Lomba ao conxunto con menos derrotas.

  • Corpo técnico e xogadores ansían que mellore o tempo.

Santiago de Compostela, a 23 de Marzo de 2018.

Se este curso a SD Compostela está afeita superar retos difíciles, este domingo tocará un máis complicado aínda. Os branquiazuis mediranse na Lomba ao Arosa SC, único conxunto da categoría que aínda non perdeu como local. Ademais, o equipo dirixido por Jorge Otero é o que menos derrotas acumula no que vai de ano.

Cunha traxectoria ascendente nas últimas xornadas, a cal lle enganchou na loita polo playoff, a partir das 18.00 horas do domingo, os afeccionados poderán presenciar un duelo entre dous dos equipos máis en forma do grupo.

“É verdade que son o rei do empate, pero son os que menos perderon e ninguén sumou os tres puntos alí, o que fala da dificultade do encontro”, comentou Yago Iglesias en rolda de prensa.

O técnico ribeirense non se fía dos arlequinados, xa que aínda que asegura que en certas fases do campionato penalizoulle a falta de acerto para gol, lembra que “teñen ao pichichi da liga, Javi Pazos, e a xogadores como Sylla, Yerai ou Sergio que marcan as diferenzas na categoría”. Con todo, Yago concretou que lle marcharon algúns xogadores, e non ficharon, pero “teñen un 12 que serían titulares en calquera equipo da categoría”.

En comparación co partido de San Lázaro, o adestrador cre que será moi diferente. “As dinámicas son distintas, os dous queremos gañar e eles quizais se xoguen máis, xa que teñen que dar o do de peito se queren entrar no playoff”, analizou.

Por outra banda, o tempo meteorolóxico ten preocupados aos santiagueses, porque un campo  embarrado complicaría o estilo que desenvolven os nosos. “A Lomba está moi ben este ano, pero a ver como vén mañá e pasado o tempo. Ambos os equipos necesitamos unha superficie boa, para facer o noso xogo, así que a ver se o campo está ben, porque será un encontro bonito e senón será pouco vistoso e máis complicado”, argumentou Yago.

Con todo, o equipo branquiazul, no que todos están dispoñibles, ten clara unha cousa: queren irse ao parón de Semana Santa coa posición de líderes. “É unha saída, igual ou máis complicada que a do Barco, e se alí fomos capaces de puntuar, este domingo expómonolo de igual maneira”, comentou Yago.

Os nosos coñecen a dificultade da faceta, pero loitarán ata o final por regresar a Santiago cos tres puntos. Para iso, esperan sentir a calor dos afeccionados na Lomba. Todos xuntos poderemos con este novo reto.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.