Regreso de Semana Santa

5 de Abril de 2018
  • O equipo biberón do Compos debutará en competición.

Santiago de Compostela, a 5 de Abril de 2018.

O parón de Semana Santa non foi do todo completo para as categorías inferiores da SD Compostela. Algúns conxuntos tiveron que disputar partidos atrasados ou participaron en torneos, pero a sensación xeral é que os mozos están a desexar volver pisar o terreo de xogo para practicar o deporte que máis lles gusta. Todos os equipos xogarán entre o sábado e domingo, destacando o debut do equipo biberón, formado neste último mes.

En primeiro lugar, o xuvenil de Liga Nacional terá que render visita ao líder, o Celta B, nun encontro que se xogará na Madroa o sábado ás 18.30 horas. Pola súa banda, o xuvenil B enfrontarase ao Vitoria FC o sábado ás 16.00 horas no Municipal do Sergas.

O equipo cadete desprazarase ao campo da Barrosa, Villestro, para medirse como local ao SD Xuventú Aguiño, o domingo ás 12.45 horas.

En infantís, o A xogará tamén contra o Vitoria FC no Sergas, pero o sábado ás 12.45 horas, mentres que o B xogará contra o Amio en Conxo ás 9.30 horas.

O Amio será tamén o rival de ambos os alevíns. O A enfrontarase a eles o sábado ás 11.00 horas en Cancelas e o B o luns ás 18.30 horas no mesmo campo.

O benxamín xogará de local contra o Conxo, o sábado ás 15.00 horas en Cancelas, e, por último, o equipo biberón debutará contra a SD Villestro, o domingo ás 11.30 horas no campo de Belvís.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 A por unha nova final para seguir gañandox33 🆚 Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horas📺 www.tvfootballclub.com/#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎#ávilacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨🗣️ Declaracións de Secho tralo terceiro triunfo consecutivo dos nosos, novamente na nosa casa#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAALLCOMPOS 3️⃣-1️⃣ RS Gimnástica⚽️ Manu Barreiro | Pablo Antas | Manu Rivas💪 TERCEIRO TRIUNFO VITAL CONSEGUIDO SEGUIMOS, COMPOS 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.