Volta ao fortín tras a Semana Santa

6 de Abril de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/GdW8l8Ibnl8″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • Yago Iglesias ten a todo o equipo dispoñible para o partido.

  • Os branquiazuis queren afianzar a súa vantaxe na táboa.

Santiago de Compostela, a 6 de Abril de 2018.

Botábase de menos, pero xa está aquí. A SD Compostela volve este domingo á competición, tras as vacacións de Semana Santa, medíndose ao Alondras CF, un duro rival que está a pelexar por entrar no playoff. O conxunto de Cangas é un dos equipos con mellores resultados nesta segunda volta, o que lle permitiu engancharse á cabeza da táboa.

No partido da primeira volta, ambos empataron a un gol polos branquiazuis desexan mellorar ese resultado no fortín branquiazul e así afianzar a súa vantaxe no alto da clasificación unha semana máis. Será a primeira pedra de toque das sete finais que quedan por diante.

“Imos tentar non fallar ningún partido. O difícil non é chegar senón manterse e por iso queremos seguir aí, máis aínda coa cantidade de xornadas que levamos no alto, pero falta un último arreón”, analizou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Coa mesma mentalidade de ir semana a semana, queren achegarse a ese gran logro e para iso saben que teñen que ser maduros. “Somos un equipo novo, pero cada vez máis veteranos, como se demostrou nas dúas últimas saídas nas que superamos marcadores adversos”, explicou o técnico.

Ese paso dado neste aspecto tentarano volver demostrar este domingo ás 17.00 horas, ante outro conxunto de gran nivel. “Teñen un potencial de xogadores brutal, cun medio con Abel e Iván Pérez, e xente moi rápida e con gol arriba”, detallou Yago.

Por iso, o reto será tanto ou máis complicado que na primeira volta, aínda que o técnico branquiazul advertiu que as circunstancias serán distintas polo terreo de xogo no que se dispute. “Esperamos que San Lázaro estea ben que xa levamos tres semanas sen utilizalo e necesitamos del para axudarnos o domingo a lograr os tres puntos”, augurou o adestrador ribeirense.

Con todos os xogadores a disposición, virtude que se repetiu bastante nesta segunda parte do campionato, o que fala ben do traballo do corpo técnico e do plantel, Yago terá que decidir os convocados e o once titular entre todos os seus mozos.

Os xogadores están a desexar volver pisar o campo para demostrar á afección que seguen igual de enchufados que antes das vacacións. Co apoio da inchada os tres puntos deben quedar no noso fortín.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 3️⃣-0️⃣ CF Badalona⚽️ Valín, Antón Guisande e CharlyQUEDAN 90 MINUTOS!!! 🩵🤍SEGUIMOS PASO A PASO A POLO OBXECTIVO 💪💪GRAZAS A TODOS, UNHA VEZ MÁIS, POR ESTE AMBIENTAZO!!! SEGUIMOS TODOS XUNTOS!!! 🫂📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.