O Compos volve triunfar lonxe de San Lázaro para selar o playoff

15 de Abril de 2018
Momento do golpeo de Álex Ares no segundo tanto. Foto: Amadeo Rey.
Momento do golpeo de Álex Ares no segundo tanto. Foto: Amadeo Rey.
  • Os branquiazuis levaron a vitoria por 1-3 tras remontar na segunda metade.
  • Os nosos manteñen a vantaxe co Bergantiños e aseguraron o playoff.

Santiago de Compostela, a 15 de Abril de 2018.

Primeiro obxectivo da tempada que cumpre o Compos. No San Lázaro de Noia, os nosos volveron á senda do triunfo de visitantes, superando a un combativo Noia por 1-3. Con estes tres puntos, e polos resultados do resto da xornada, a SD Compostela asegurou a súa presenza no playoff.

O gol de Samu e o dobrete de Álex Ares na segunda metade serviron para remontar o tanto inicial de Stefan para os locais e certificar así un novo triunfo, tras tres partidos sen gañar lonxe de Santiago.

O partido en Noia comezou como se prevía, cun Compos, no que destacou a presenza de Alberto no once titular, que levaba o dominio do partido coa posesión e os locais que tentaba saír á contra.

Así, os primeiros 45 minutos transcorreron con moito fútbol de control e poucos achegamentos, destacando unicamente un dobre tiro de Primo e Álex Ares que detivo Pajarillo.

Con todo, á volta dos vestiarios  o partido cambiou por completo, en parte tamén polo tanto local. Aos dous minutos da continuación, Stefan aproveitaba unha xogada embarullada para superar a Lucas e poñer por diante ao equipo local.

Esta acción espoleou aos nosos, sabedores de que o resultado non reflectía o visto no terreo de xogo. A base de insistencia chegarían as ocasións, moi claras, e á terceira delas acabaría entrando a pelota.

Primeiro, Primo non foi capaz de superar a Pajarillo no man a man, tras aproveitar unha mala cesión da defensa. Despois, tras unha acción pola dereita, Rober rematou á cruceta e o rexeite caeu a Santi que a empuxou de cabeza, pero un defensa salvouna na liña. E por último, o tanto acabaría entrando nunha falta desde a frontal botada á perfección por Samu, quen a cravou na escuadra do segundo pau. Era o seu segundo tanto da tempada, segundo consecutivo en xornadas de visitante, e o empate no luminoso.

O tanto da igualada non freou a un Compos famento que quería máis premio. De novo Pajarillo sacaba a relucir os seus reflexos noutro man a man contra Primo, pero xa non puido facer nada cando lle encarou Álex Ares no 84.

Alberto, como improvisado carril esquerdo, cedía ao centro para Primo, o cántabro en modo asistente abría para Álex Ares e o mediapunta, tras regatear ao seu par cravábaa ao fondo da rede coa súa perna dereita.

Este tanto acabou de romper o partido e ante un Noia envorcado, o Compos aproveitaría para selar o triunfo co terceiro gol. Unha contra rápida na que unha parede entre Álex Ares e Primo, outra vez asistente, deixaba só ao primeiro e leste, coa esquerda, non perdoou diante do porteiro. Era a sentenza.

Coa alegría da remontada o Compos pechaba o partido e así, equipo e afección, a cal acudiu en masa a Noia, fóronse para Santiago coa alegría do traballo ben realizado. Queda unha xornada menos e os nosos manteñen a vantaxe no alto da táboa. A semana próxima tocará defender o fortín de San Lázaro contra o Ourense CF.

FICHA TÉCNICA:

1- Noia CF: Pajarillo; Rubén, Juanjo, Rendo, Dani Conde; Bendaña, John; Ferreiro, Nando (Pablo, m.81), Piñeiro (Canabal, m.50); e Stefan. 

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira (Sobrido, m.66); Samu, Tomás (Santi, m.54); Álex Ares, Alberto (Mon, m.84), Róber; e Primo.

Goles: 1-0: Stefan, min.47; 1-1: Samu, min.66; 1-2: Álex Ares, min.83; 1-3: Álex Ares, min.90.

Árbitro: Vidal Álvarez, colegio pontevedrés. Amonestó a John, Stefan y Nando, polos locais; e a Naveira, Samu e Lucas, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo terceira xornada de liga da Terceira División disputado no campo de San Lázaro de Noia ante 600 espectadores. Gran presencia de afeccionados santiagueses.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🏟️🩵🤍 Este sábado, o primeiro gol témolo que marcar xa dende a bancadaO Vero Boquete ten que ser un fortín, como o foi noutros play off!! 💪Entre todos, acadaremos a clasificación e celebrarémolo xuntos 🫂👉 Recorda que se eres abonado, ademais de entrar gratis, podes retirar unha entrada a maiores por 5€ (ata o venres ás 15:00 horas na Oficina, Tenda ou online)📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comeza o traballo para o duelo crucial deste sábado na nosa casa👉 Os nosos inician os adestramentos esta tarde e terán catro sesións para a volta do play off💪 Traballo intenso e duro para, coa axuda de todos, superar a rolda#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 Este sábado, a certificar o pase na nosa casa!!!⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐒𝐞𝐦𝐢𝐟𝐢𝐧𝐚𝐢𝐬🆚 RACING CLUB VILLALBÉS🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/👉 Abonados: Gratis🙌 PROMOCIÓN ENTRADAS: Cada abonado pode retirar, a maiores, unha entrada por 5€ (ata o venres ás 15h), na Oficina, na Tenda ou Online (neste caso, hai que sumar os gastos de xestión)🏟️ Para público xeral, as entradas poden mercarse online ou o sábado no Despacho de Billetes#composvilalbés ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Feliz #DíaDasLetrasGalegas!! 🩵🤍 Neste día, compartimos o documental da Real Academia Galega sobre a escritora e xornalista, homenaxeada este anoDestacamos o seu compromiso coa lingua e a cultura galega, un exemplo de defensa da nosa identidade🎥 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔚 FINALRACING CLUB VILLALBÉS 0️⃣-0️⃣ COMPOSO Compos non pasa do empate, pese ás oportunidades, e queda todo pendente para a volta na nosa casa!Grazas a todos por acompañarnos en Vilalba! A pola volta co voso apoio!!📸 Nacho Castaño #villalbescompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.