Un paso máis preto do obxectivo

22 de Abril de 2018
Momento da asistencia de Uña no gol de Rubén, nun encontro patrocinado por Hale Shop. Foto: Amadeo Rey.
Momento da asistencia de Uña no gol de Rubén, nun encontro patrocinado por Hale Shop. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos venceu por 3-0 ao Ourense nun partido que dominou por completo.

  • Primo, Santi e Rubén anotaron os goles na terceira vitoria consecutiva.

Santiago de Compostela, a 22 de abril de 2018.

Nova vitoria de prestixio para un Compos que segue demostrando a súa fame de vitoria. Nun partido que dominou desde o inicio, os nosos sacaron os tres puntos grazas á vitoria por 3-0 contra o Ourense CF, restándolle así unha nova xornada ao campionato en busca do obxectivo de acabar a liga en primeira posición.

Primo, cun disparo potente raso aos dez minutos de comezar a segunda parte, Santi, cun golazo de belísima factura desde a frontal da área, e Rubén, cun cabezazo nun córner, foron os artífices dun novo triunfo para o cadro branquiazul, a terceira vitoria consecutiva e o sétimo partido sen perder.

Demostrando a súa intención de rotar nestas últimas xornadas, Yago Iglesias sacou un once contra o Ourense CF con catro novidades respecto do domingo pasado. A pesar diso, o equipo funcionou ao mesmo nivel e desde un comezo levou o peso do partido ante un equipo visitante replegado atrás.

Así, as principais oportunidades dos branquiazuis chegaban de centros laterais, malia que os dianteiros non eran capaces de acertar co marco. Neste tipo de xogadas, primeiro Primo de volea, despois Santi de disparo raso e por último Mon, non foron capaces de acertar coa meta defendida por Miguel Varela.

A pesar destas primeiras aproximacións con perigo, a máis clara non chegaría ata o minuto 37, cando noutro centro lateral Primo rematou potente, tras control co peito, pero o meta visitante sacou unha man incrible abaixo. Xogada calcalda á que minutos despois tería o propio dianteiro, pero esta vez non conseguiu empalar a pelota.

Respondendo a este asedio, o Ourense tería a súa nunha contra na que Xinzo deu o pase da morte, pero Sergio despexou a córner antes de que puidese rematar ninguén, deixando o marcador inicial ao termo dos primeiros 45 minutos.

Á volta dos vestiarios, a tónica seguiu sendo a mesma, malia que a fortuna para os locais cambiou rápido. Primeiro, Santi non conseguiu acertar nunha dobre ocasión, na que non cargou o tiro en primeira instancia, xa que non esperaba o erro defensivo, e de segundas, Miguel fixo un paradón ante o seu tiro raso desde a frontal.

Con todo, no 52, por fin chegou o gol que tanto merecían os nosos. Nunha rápida contra, Santi abriu para Álex Ares, o mediapunta foise por liña de fondo, regateando por velocidade ao lateral, e puxo o centro raso atrás onde apareceu Primo para controlala e embocar ao fondo da rede cun disparo raso cruzado potente, no enésimo tanto do pichichi branquiazul.

E dez máis tarde, chegou o segundo. Santi Gegunde, despois de tanto probalo desde a frontal da área, por fin logrou conectar o balón ao fondo da rede, e vaia gol. Á contra, o lucense pasoulla a Primo, o cántabro deixouna de cara para Santi e este, coa súa perna esquerda, conectou o disparo á escuadra de Miguel Varela, imposible de detela a pesar da gran estirada do meta.

Cos trocos o partido durmiuse un pouco, aínda que un deles, Rubén Martínez, sería o protagonista dos últimos minutos. Nunha internada, Miguel sacoulle unha man excepcional para evitar o tanto e mandar a pelota córner, pero uns instantes máis tarde xa non conseguiría deter o cabezazo do extremo. Foi nun córner lanzado ao segundo pau que Uña meteu no punto de penalti cunha volea e alí apareceu Rubén para rematar de cabeza ao fondo das mallas. Foi a sentenza.

O partido acabouse tras este tanto e o Compos puido saborear unha nova vitoria no seu feudo, coa que restan unha semana ao calendario e sumando de tres. A falta de catro xornadas, os nosos seguen metendo presión ao Bergantiños e o vindeiro sábado tentarán achegarse aínda máis ao seu obxectivo no partido contra a SD Negreira. Co apoio da afección, como no día de hoxe, superar os retos marcados é máis sinxelo.

FICHA TÉCNICA:

3- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, David Uña, Sergio Pereira; Ube, Mon (Tomás, m.61); Álex Ares, Santi (Rubén, m.75), Róber; e Primo (Sobrido, m.81).

0- Ourense CF: Miguel Varela; Henrique, Germán, David Antón, Sergio de Paz; Juanma Justo, Fondevila; Víctor Monteiro (Iago Beceiro, m.69), Renan Zanelli, Martín Lamelas (Edu Otero, m.76); e Xinzo (Pedro Martínez, m.50).

Goles: 1-0: Primo, min.52; 2-0: Santi, min.63; 3-0: Rubén, min.85.

Árbitro: Pastoriza Iglesias, comité pontevedrés. Amoestou a Primo e Róber, por los locales.

Incidencias: Partido de la trixésimo cuarta jornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 750 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | 𝐌𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥 𝐀𝐥𝐨𝐧𝐬𝐨 🗣️ PREVIA do encontro deste domingo, ás 12.00 horas no Vero Boquete, ante o Real Oviedo Vetusta!!!🩵🤍 Hoxe acompañounos na rolda de prensa Fernando Leis, de O Pan de Leis, patrocinador do encontro!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄𝐃𝐈𝐂𝐎𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐀𝐧𝐭𝐚𝐬 🩵🤍👨‍⚕️ As probas realizadas a Pablo Antas polos servizos médicos confirmaron unha microrotura no músculo semitendinoso da súa coxa dereitaEstará de baixa dúas semanas!Moito ánimo, Pablo 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🟥 𝐒𝐀𝐍𝐂𝐈𝐎𝐍𝐒1⃣ partido de suspensión para Pato e Álvaro Casas polas súas expulsións1⃣ partido tamén para Pep Caballé e Juampa Barros por acumulación de tarxetas 🟨 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Onte estivo de aniversario o noso mariscal na zaga, Euse Monzó!!! 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Euse!!! 💪 Que veñan acompañados de moitos éxitos e que os celebremos xuntos!!!📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual | Jesús Figueroa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.