O primeiro posto, un paso máis preto

1 de Maio de 2018
Momento do golpeo de Primo no segundo gol, nun partido patrocinado por Mahou. Foto: Amadeo Rey.
Momento do golpeo de Primo no segundo gol, nun partido patrocinado por Mahou. Foto: Amadeo Rey.
  • O Compos gañou ao Villalonga FC por 2-0 cos tantos de Rubén e Primo

  • Falta un punto para certificar o liderado

Santiago de Compostela, a 1 de Marzo de 2018.

Nova vitoria clara do Compos en San Lázaro. Os branquiazuis dominaron o encontro contra o Villalonga de principio a fin e conseguiron o tres puntos por 2-0. Os santiagueses non notaron o cansazo da última xornada e souberon sacar este resultado ante un conxunto que se encerrou atrás para evitar as acometidas locais.

Rubén na primeira parte, cun tiro cruzado tras roubar o balón, e Primo na segunda, tras un golpeo forte á escuadra, foron os goleadores dun Compos que puido aumentar a renda no segundo tempo, pero Marcos evitou a goleada.

O Compos saltou a San Lázaro con moitos cambios respecto ao sábado pasado, tal como adiantou Yago Iglesias en rolda de prensa, pero a idea de xogo non cambiou. Desde un comezo, os nosos levaron o dominio do encontro a través da posesión.

O Villalonga estaba encerrado e os branquiazuis movían o balón en busca do espazo necesario para atopar o gol. Con este estilo, as ocasións comezaron a chegar, aínda que sen o perigo doutras veces. Nas máis claras, Álex Ares e Primo non atoparon rematador no pase da morte. Si atopou Saro a Tomás, nunha xogada similar, pero o pontevedrés mandou o balón arriba.

Con todo, o asedio sería máis forte pasada a media hora. Primeiro, Primo caeu na área pero o colexiado non sinalou nada e cinco máis tarde, por fin chegou o tanto. O balón quedou morto tras un despexe, Rubén recolleuno antes que os centrais, avanzou con velocidade e cruzou a pelota ao segundo pau para adiantar aos santiagueses no marcador.

Coa vantaxe foise ao descanso e á volta dos vestiarios a tónica seguiu igual, un equipo dominador e outro encerrado atrás. Aos tres minutos, Primo tivo o segundo nun disparo desde a frontal, pero Marcos, inédito ata ese instante, fixo un paradón.

Con todo, xa non puido facer nada na seguinte acción que o dianteiro entrou na área. Rubén chegou a liña de fondo, centrou raso, Ube non rematou en primeira instancia, pero Primo, detrás del, controlou e mandou o balón á escuadra.

O Compos, tras o segundo tanto, seguiu asediando e puido anotar o terceiro nun tiro de Alberto Freire, que entrou por Ube, que sacou Marcos cunha gran man abaixo e noutro man a man de Primo, que o dianteiro mandou ao lateral da rede.

Cos cambios, o partido perdeu ritmo aínda que o Compos puido marcar nun dobre tiro de Santi que golpeou na defensa ou nun golpeo de Rubén, tras roubar o balón, que se marchou rozando o pau.

Con este resultado, o Compos acumula unha nova xornada sumando de tres, outra en San Lázaro sen encaixar e a un punto de certificar o primeiro posto, seguinte obxectivo marcado polos branquiazuis. O vindeiro domingo ás 18.00 horas, os nosos esperan contar con todo a súa afección para lograr este reto.

FICHA TÉCNICA:

2- SD Compostela: Lorenzo; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Sergio Pereira; Ube (Alberto, m.59), Mon; Álex Ares (Róber, m.75), Tomás (Santi, m.75), Rubén; e Primo.

0- Villalonga FC: Marcos; Nico, Jose, Adrián Santos, Rey; Rocha, Mou (David, m.83); Diego (Guillermo, m.62), Hugo Pintos, Javichu; e Brian.

Goles: 1-0: Rubén, min.36; 2-0: Primo, min.58.

Árbitro: López Fernández, comité lucense. Amoestou a Ube e a Tomás, polos locais; e a Rey, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo sexta xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 950 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Parapar está de volta!🤝 O extremo coruñés regresa ao Compos para ser un puñal pola banda do Vero Boquete e acadar o ascenso𝐏𝐚𝐫𝐚𝐩𝐚𝐫 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/17/parapar-maxia-fichaxe-sd-compostela/#benvidoparapar ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚Manu Barreiro non continuará na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo teu compromiso e traballo, Manu; e moita sorte para o teu futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Rodríguez, polivalencia, xuventude e talento para a liña defensiva do Compos🤝 O defensa, que pode actuar como lateral ou central, ocupa ficha sub23 e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐑𝐨𝐝𝐫𝐢𝐠𝐮𝐞𝐳 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/07/16/diego-rodriguez-fichaxe-compos/#benvidodiegorodríguez ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ 𝐏𝐑𝐄𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 🔥▶️ Os nosos comezarán os adestramentos o próximo luns 21 de xullo⚽️🕙 A primeira sesión será ás 10.00 horas no San Lázaro II🏟️🙌 Recorda que o mércores 23 xa teremos o primeiro amigable, no Vero Boquete, ante o Real Club Deportivo de La Coruña 📲 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🎟️ MERCA a túa entrada ou accede co teu abono a este gran encontro na nosa casa📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.