Xornada final para tres equipos

4 de Maio de 2018
  • O xuvenil B, cadete e Infantil A terminarán as súas ligas esta fin de semana

Santiago de Compostela, ao 3 de maio de 2018.

As categorías inferiores da SD Compostela viven o seu particular final de tempada con diferentes obxectivos en mente. Mentres algúns dos conxuntos teñen asegurada a continuidade nas súas ligas, outros como é o caso do xuvenil de Liga Nacional pelexa por saír dos postos de arrastre á división inferior.

Así, nesta xornada tan importante, os propios xuvenís xogarán un duelo crucial contra o Rápido de Bouzas na súa busca por escapar dun dos postos que caerían a liga galega. Para iso, sumar os tres puntos este domingo faise de vital importancia, nun encontro que se xogará ás 12.00 horas no Municipal de As Cancelas.

Pola súa banda, o xuvenil B, coa salvación debaixo do brazo, disputará o seu último partido de liga contra o segundo clasificado, o EFM Boiro, nun duelo programado para o sábado ás 17.30 horas no campo de Valiño, en Cabo da Cruz. Tamén chega á última cita cos deberes feitos o Cadete, quen se medirá o domingo ás 11.00 horas no Municipal do Sergas ao mesmo EFM Boiro.

En infantís, o A quere asegurar a súa décimo terceira praza, evitando perder a posición respecto ao Dubra, e con este obxectivo medirase á Escola de Fútbol Boqueixón, último clasificado da súa liga, o sábado ás 10.00 horas no campo do Forte.

O único alevín que queda en liza, o A, terá un difícil encontro contra o líder invicto do seu playoff, o Racing San Lorenzo, nun partido que se disputará o sábado ás 13.00 horas no Municipal de As Cancelas.

Por último, o benxamín, tentando saír dos tres últimos postos do playoff medirase ás Escolas Deportivas do Arzúa. Será un partido igualado que se xogará no Municipal do Viso, o sábado ás 17.00 horas. Mentres, o biberón terá unha nova xornada o domingo, día no que se enfrontará ao Santiago no Municipal de Belvís, ás 10.30 horas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.