O paso que falta para o obxectivo

5 de Maio de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=iswVv02T_Ls&t=498s” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela buscará o punto que lle queda para asegurar o primeiro posto

Santiago de Compostela, a 5 de Maio de 2018.

O obxectivo da SD Compostela para esta recta final de liga está a un só punto. Tras asegurarse o playoff, xornadas atrás, o equipo busca agora certificar matematicamente o primeiro posto e para iso deberá sumar un punto nos dous partidos que quedan de liga. A primeira pedra de toque para cantar o bingo será o CD Arenteiro, o domingo ás 18.00 horas no campo Municipal do Espiñedo.

A pesar da diferenza na clasificación, o Compos medirase a un equipo cunha tendencia á alza nas últimas xornadas, que pelexa por escapar das posicións que puidesen carrexar un posible arrastre. Nun campo que estará a rebentar, os branquiazuis queren facer valer a súa meta e poder celebrar o ansiado título do grupo 1 da Terceira División.

Con todo, Yago Iglesias explicou que o equipo ten claro que o partido non será nada sinxelo e por esta razón vai saír como nos últimos. “Imos expor o encontro igual que se fose unha xornada anterior, xa que queremos puntuar, se pode ser de tres mellor, pero faremos un partido serio, contra un equipo que quere materializar a permanencia”, argumentou en rolda de prensa.

Ademais, o técnico ten claro que O Espiñedo non é o mellor campo para as condicións de xogo dos branquiazuis, polo que lles tocará cambiar de rexistro. “Debemos ser un equipo solvente, agresivo, que teña claro o que ten que facer e iso pasa por ser serios, non conceder e aproveitar as ocasións que teñamos”, analizou.

Outro factor para ter en conta polos branquiazuis será a enorme afección, “moi sa”, que enche o campo cada quince días, algo que os santiagueses esperan contrarrestar cunha gran afluencia de xente desde a capital de Galicia. “Espero que veña moita xente, como noutros partidos de visitantes, como o de Negreira, Boiro ou Arosa, e que poidan celebrar ese momento que se viviu moi pouquiño o martes”, comentou.

Ese logro sería o premio ao traballo ben feito durante todo este tempo, no que o equipo estivo moi por encima do que se poderían imaxinar. “Levamos moitísimas xornadas de primeiros e iso é moi difícil, hai que gozar do camiño sen pensar máis aló. Somos o segundo plantel máis novo, de xente de aquí, para xente de aquí, que está a bater récords, tendo un rendemento brutal e cun aceno de identidade do corpo técnico, polo que se somos campións vai ser a repera”, sentenciou o técnico ribeirense.

O corpo técnico ten claro ademais que pechar este reto canto antes permitiralles preparar o “super premio” con máis tempo e iso é un punto moi a favor. “Teriamos quince días para preparar o que vén despois, co que iso leva de adestramento físico, quitar minutos a xente que está moi cargada, probar cousas, botar unha ollada ao resto de grupos buscando información e ese é o obxectivo para mañá, deixar pechada unha etapa para comezar a pensar na seguinte”, sinalou Yago.

Coas ideas ben claras e tras unha semana na que o equipo gozou moito, “algo que notamos no feeling coa afección e o ambiente nos adestramentos”, os nosos queren rematar a faena. Desexan que O Carballiño se tinga de branquiazul para celebrar o que sería o quinto título de Terceira División para o club. Só falta un paso e o Compos quere dalo mañá.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🙌🎟️ PROMOCIÓN ENTRADAS BADALONAℹ️ Para os abonados que queirades ir a Badalona, o Compos asume o custe da entrada, previa reserva por mail:📧 sdcompostela@sdcompostela.com👉 Ata o xoves ás 15:00hDatos necesarios:▪️ Nome completo▪️ DNI▪️ Nº de abono📸 Nacho Castaño#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos comezaron esta tarde a semana de traballo para a volta da finalísima👉 Xornada para recuperar folgos e comezar a preparar o encontro no Municipal de Badalona💪 Queda un encontro e imos a por todas para acadar o obxectivo#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🩵🤍 90 minutos por diante para acadar o obxectivo🫂 Este domingo, co voso apoio, desde Badalona, Compostela ou desde as vosas casas, a polo ascenso🆚 CF Badalona ⚽️ 𝐕𝐨𝐥𝐭𝐚 𝐅𝐢𝐧𝐚𝐥🗓 21/06🕧 12:30 horas🏟️ Municipal de Badalona#badalonacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos da un importante paso na finalísima, coa axuda de todos, tras gañar 3⃣-0⃣ na casa 💪 Valeron os goles de Valín, Antón Guisande e Charly🔜 Quedan 90 minutos en Badalona para defender a renda 👉 sdcompostela.com/gl/2026/06/14/compos-3-0-badalona-finalisima/📸 Nacho Castaño#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Vecho⚽️ O segundo adestrador, hoxe no banco pola sanción a Secho, analizou na sala de prensa o bo resultado, 3⃣-0⃣, na ida desta final nacional polo ascenso#composbadalona ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.