Derrota na despedida da liga

13 de Maio de 2018
Momento do penalti transformado por Gabi Misa, nun encontro patrocinado por Errea Sport. Foto: Amadeo Rey.
Momento do penalti transformado por Gabi Misa, nun encontro patrocinado por Errea Sport. Foto: Amadeo Rey.
  • O CD Choco superou aos nosos por un gol a dous

  • Diego Rey e Rubén saíron tocados do campo

Santiago de Compostela, a 13 de Maio de 2018.

A SD Compostela despediuse da liga cun partido tranquilo no que caeu por un gol a dous. O equipo mostrou unha gran cara, sobre todo nos minutos finais, nos que buscou a remontada, pero acabou coa mala noticia da lesión de Diego Rey. Con todo, tocou despedir á afección neste último encontro antes do reto que se aveciña para os próximos quince días.

Os tantos de Gabi Misa, de penalti na primeira metade, e de Chiqui, na segunda, puxeron en gran vantaxe ao equipo visitante pero, a pesar diso, os nosos achegáronse co tanto de Tomás e puideron igualar nos últimos minutos, pero faltoulle algo de fortuna.

Coa política de rotacións e con corredor previo ao comezo do partido, o duelo entre a SD Compostela e o CD Choco comezou cun ritmo lento, propio de dous conxuntos que non se xogaban nada. Este arrefriado acrecentouse aínda máis tras a lesión de Marquitos, que se tivo que ir directo ao hospital.

Os nosos buscaban o gol entrando polas bandas, en especial polo lado esquerdo, coa rapidez de Rubén e Naveira. Con todo, o primeiro en golpear foi o cadro visitante, tras un penalti de Lucas sobre Chiqui. Gabi Misa foi o encargado de executar a pena máxima e de anotala, enganando á perfección ao porteiro.

Tras o tanto, os santiagueses puxéronlle un punto máis ao seu xogo, pero os centrais, nuns grandes minutos, cortaron varios pases de Rubén a Sobrido, cando o ribeirense se atopaba só. E cando non o fixeron, apareceu Adrián. O novo gardameta sacou dúas grandes mans a tiros de Tomás e Sobrido, tras o pase da morte de Róber.

Con esta última acción, o partido foise ao tempo de descanso. Á volta dos mesmos, o Choco deu un paso á fronte e froito da súa insistencia acabou marcando o segundo tanto. Primeiro avisou cun disparo de Gabi Misa e outro de Chiqui, quen tras regatear a varios rivais atopouse a perna salvadora de Naveira. E o gol foi á terceira ocasión, nunha contra con pase atrás para Chiqui, quen regateou ao lateral e puxo o balón na escuadra, aínda que para iso rebotou nun defensa.

A pesar deste novo mazazo, os nosos reaccionaron ben e puideron recortar distancias cun pase en profundidade de Sobrido que se foi algo longo e nun cabezazo de Uña, a centro de Tomás, que atrapou con solvencia Adrián.

Xa con Diego Rey no campo e a afección animando aos xogadores para lograr unha reacción final, acabou chegando o gol da esperanza no minuto 71. Tomás, que hoxe xogou de mediapunta, quedou só diante de Adrián e esta vez si conseguiu superar ao gardameta, cun disparo potente por baixo das súas pernas.

Reaccionou o Choco cunha contra na que Ricar tentou a vaselina, pero Lucas atrapou en dous tempos, salvando o esférico na liña. Con todo, o fútbol estaba envorcado cara á portaría de Adrián. Puido marcar Sobrido de cabeza nunha xogada de tiraliñas, pero mandou arriba o remate desde a área pequena, e tamén Tomás, cun golpeo ao segundo pau que saíu rozando a escuadra.

Pese a iso, a máis clara chegaría no minuto 89, cando o propio Tomás recolleu o balón na área, regateou a un defensa e pegoulle a gol, pero outro visitante sacouna en última instancia. No rebote, o pontevedrés caeu na área, pero o colexiado non sinalou nada, a pesar das protestas de todos os xogadores.

O gol non acabou chegando e o peor foi que Diego Rey, nun golpe contra Xián, volveu lesionarse, saíndo do campo sen poder apoiar a perna. Pitouse o final e a parroquia branquiazul xa pensa no playoff, aínda que se foron ás súas casas cun sabor agridoce tras ver como saía Diego do campo.

Mañá, a partir das 17.00 horas, todos estarán conectados ao sinal da Federación para coñecer ao rival. Acabouse a liga, péchase unha etapa incrible, na que o equipo tivo un rendemento brutal e pásase á seguinte, unha eliminatoria de campións na que se pode lograr o ansiado ascenso.

FICHA TÉCNICA:

1-SD Compostela: Lucas; Sergio Pereira, Cardeñosa (Samu, m.46), David Uña, Naveira; Ube, Mon; Róber (Diego Rey, m.57), Tomás, Rubén (Alberto Freire, m.51); e Sobrido.

2-CD Choco: Adrián; Ronald, Yago, Lucas, Xián; A. Suárez, Caloi (Comis, m.65); Ricar, Gabi Misa, Marquitos (Chiqui, m.7); e Pablo (Escobar, m.73).

Goles: 0-1: Gabi Misa, min.16; 0-2: Chiqui, min.54; 1-2: Tomás, min.71.

Árbitro: Gómez Lameiro, comité pontevedrés. Amoestou a Cardeñosa, polos locais.

Incidencias: Partido da trixésimo oitava xornada de liga da Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 950 espectadores. Ao comezar o encontro os xogadores do CD Choco e os canteiráns da base branquiazul fixéronlle o corredor á SD Compostela.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️ Un partido que se iniciou baixo a choiva e que acabou, un día máis tarde, con sol e da mellor maneira💪 Preparados para máis!📸 Nacho Castaño #CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
Boas tardes, compostelanistas 🩵🤍 💪 Obxectivo logrado 👉 estamos a un partido da Copa do Rei! 1/4 🏆 ▶️ Sestao River Club🏟️ Las Llanas🗓️ 9 de outubro🩵🤍 Antes, este domingo na casa, a continuar co bo momento na Liga!#CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAALCD Lealtad 0️⃣-2⃣ COMPOS ⚽️ 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐂𝐢𝐧𝐭𝐚 | 𝐋𝐚𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐚🙌 ESTAMOS NOS 1/4 DA #CopaRFEF E A UN PARTIDO DA COPA DO REI!!!🏆 GRAN VITORIA, TERCEIRA SEGUIDA, SUPERANDO TODAS AS ADVERSIDADES DA VIAXE!!!#lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSO CD Lealtad 0️⃣-0️⃣ COMPOS👉 O reinicio está sendo moito máis igualado e sen ocasións claras polo momento#CopaRFEF #lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
18' |0️⃣-0️⃣| ⏱️ RELAZOUSE o partido 🏆 #CopaRFEF CD Lealtad 🆚 COMPOS#lealtadcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.