Duro golpe para o Nacional e o Infantil pasa de rolda

14 de Maio de 2018
  • O Zona Vella acabou a liga con vitoria por 3-0 ante o Cruces

Santiago de Compostela, a 14 de Maio de 2018.

A xornada para as categorías inferiores da SD Compostela deixounos unha moi mala noticia, a derrota do xuvenil de Liga Nacional. O equipo branquiazul caeu no desconto contra o Lérez e converte en case imposible a permanencia. No resto de equipos destacaron as vitorias do filial e o Infantil, este último en Copa, e o empate do benxamín.

En primeiro lugar, o Zona Vella logrou un cómodo triunfo contra a SD Cruces na última xornada de liga e terminou o campionato no noveno posto. Álvaro Moure e Paco Anido, por dúas veces, selaron na primeira metade este último cómodo triunfo, nunha tempada na que o filial comezou moi ben, tivo un baixón a metade de liga, pero acabou de novo a un gran nivel.

Peor sorte correu o Nacional. Os santiagueses xogábanse a vida contra o CD Lérez e perderon por 2-1, cun tanto encaixado no minuto 93. Un duro golpe que os deixa case descendidos, a falta de dúas xornadas, debido aos arrastres de División de Honra. Yago Torrente foi o goleador para un equipo branquiazul que se puido levar os tres puntos, pero ao que a mala sorte lle xogou unha mala pasada.

Tampouco tivo o seu mellor día o Cadete, conxunto que quedou eliminado na primeira rolda da Copa Sar. Os santiagueses perderon por 0-1 contra o EF Lalín, nun duelo moi igualado que se decidiu co tanto visitante no minuto 78.

Por contra, o Infantil compensou esta eliminación co seu pase aos oitavos de final da Copa do Sar, tras superar por 3-0 ao Atlético Riveira. Carlos Permuy, Xaime Paz e Pablo López foron os goleadores dun conxunto que se medirá ao EF Lalín en segunda rolda.

Para terminar, o benxamín empatou a dous goles contra o Dubra, polo que seguen igualados na clasificación. Os nenos de David Uña fóronse ao descanso con vantaxe, pero os visitantes igualaron no tramo final. Mentres, o biberón perdeu contra o Atlético Fátima.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-0️⃣ Sestao River Club⚽️ Unai Peón | Antón GuisandeA PRIMEIRA, NA CASA 🩵🤍TRES PUNTOS DE OURO QUE SABEN MOI BEN 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO DENDE A BANCADA 👥🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-0️⃣ Sestao River Club 📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.